O DERRADEIRO BANDIDO

2ª Mano

O DERRADEIRO BANDIDO

FRANCO, JOSEP

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
1995
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8288-010-5
Páginas:
172
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Árbore a partir de 12 anos

Esta novela histórica e de aventuras foi publicada por vez primeira en 1986 e desde entón tivo que ser reeditada en máis de quince ocasións. Todo empeza nunha crúa noite de inverno, cando un neno de poucos días aparece abandonado á porta dun convento. Son tempos de guerras carlistas, de loitas populares e de bandoleirismo. E aquel rapaciño de escuras orixes, criado polos monxes e destinado á carreira eclesiástica, vaise ver arrastrado pola forza das circunstancias a unha vida azarosa e chea de perigos. En O derradeiro bandido atopará o lector unha amenísima e transparente narración na que conviven en perfecta harmonía historia colectiva e aventura individual.

Artículos relacionados

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...

    3,90 €

  • DESCOÑECIDOS: PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA JUVENIL 2018
    LOZANO GARBALA, DAVID
    Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre encerra riscos: porque todos ocultamos segredos? Un cadáver. O corpo dun rapaz...

    3,90 €

  • 4 XINETES
    FARIÑA, ANXO
    Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse ...

    3,90 €

  • O CONTADOR DE ESTRELAS
    JAUREGUIZAR ORTIZ ZARATE, SANTI / ECHEVARRIA, CARLOTA
    Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o ...

    3,90 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...

    3,90 €