Libros de Editorial : EDITORIAL GALAXIA / Colección : Árbore a partir de 12 anos

11 resultados

  • PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
    CASALDERREY, FINA
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que ...

    3,90 €

  • A CASIÑA AZUL
    COMINO, SANDRA
    Premio Iberoamericano de Novela. Cintia non é feliz. Pero a avoa Pina, a amizade especial de Bruno e os libros conseguen mitigar a súa sensación de soidade e desamparo. Todo isto e, por suposto, o misterio e a maxia que se agochan na casiña azul. ...

    3,90 €

  • NACE UN CAMPIÓN
    HEINZE, URSULA
    Nace un campión é unha reedición, en novo formato, da novela de Ursula Heinze que xa ten engaiolado a miles de lectores. Con este libro has descubrir que os verdadeiros campións fanse co esforzo e coa constancia. Ocupouse de poñerlle imaxes a esta edición o coñecido ilustrador lugués Xan López Domínguez, un dos máis destacados do panorama galego. ...

    3,90 €

  • CRISÓSTOMO O ALIFÁFARO
    YÁÑEZ, ANTONIO
    Crisóstomo o alifáfaro é unha novela fantástica de Antonio Yáñez Casal que resultou finalista do Premio Raíña Lupa 2004, convocado pola Deputación Provincial da Coruña. Antonio Yáñez Casal vive en Ferrol, cidade na que naceu en 1959. Boa parte das súas vivencias están ligadas tamén á vila de Cariño, de onde é a súa familia. No eido da literatura foi por dúas veces finalista do ...

    3,90 €

  • TONECHO DE REBORDECHAO
    RIVEIRO, BREOGÁN
    Rebordechao é unha aldea que queda alá por... chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el. ...

    3,90 €

  • O COCHO DE CARREIRAS RUDI FUCIÑOS
    TIMM, UWE
    A familia de Zuppi está formada por un pai exiptólogo en paro, unha nai profesora e tres fillos. A entrada do pequeño cocho na familia vai provocar alegrías e disgustos, enfados e aventuras. De primeiras resulta moi difícil convencer a un caseiro de que se pode ter un cocho na casa. Tampouco é fácil metelo na bañeira. Ao final, pasadas as incomodidades dos primeiros días, a fam...

    3,90 €

  • POSTAIS DO CAMIÑO
     
    Con este libro percorrerás o Camiño de Santiago, desde Roncesvalles ata Compostela, da man dos mellores escritores da literatura infantil e xuvenil galega. Marilar Alexandre, Agustín Fernández Paz, Paco Martín, Fina Casalderrey, Gloria Sánchez, An Alfaya, Ana María Fernández, Xoán Babarro, Antonio García Teijeiro,, Helena Villar e Paula Carballeira andan, canda nós, o vello Cam...

    3,90 €

  • ENDRINA E O SEGREDO DO PEREGRINO
    LÓPEZ NARVÁEZ, CONCHA
    Onde irá aquel romeiro... meu romeiro onde irá...Camiño de Copmpostela, van dous camiñantes. Un é vello e parece moi canso. O outro é mozo, forte e baril. A eles unirase nas montañas de Navarra unha rapaza de quince anos, Endrina, que coida os seus rabaños facendo o Camiño de Santiago, Endrina vivirá aventuras, coñecerá o mundo e descubrirá o amor. Todo iso mentres se pregunta ...

    3,90 €

  • OS ARRISCADOS
    MOURIÑO, MIGUEL ANXO
    Se queres formar parte dun clube de amigos, velaquí tes un ben interesante. Para formar parte da banda dos Arriscados terás que superar algunhas probas que se che contan neste libro. Tamén deberás amosar un pouco de valor e intelixencia. E mesmo che cumprirá aprender un idioma inventado. Pero todo isto paga a pena con tal de compartir as aventuras que aquí vas atopar. Adiante.....

    3,90 €

  • ALéN DA AVENTURA
    VILA SEXTO, CARLOS
    Relato de aventuras no que se dosifican con moi bo criterio a realidade e a fantasía e que prende a atención do lector desde a primeira e a derradeira páxina. A graza dos seus personaxes e diálogos, a construción dos distintos episodios, as contínuas alternativas de acción, a complicidade establecida entre narrador e lector, converten este libro no prometetor punto de partida d...

    3,90 €

  • O DERRADEIRO BANDIDO
    FRANCO, JOSEP
    Esta novela histórica e de aventuras foi publicada por vez primeira en 1986 e desde entón tivo que ser reeditada en máis de quince ocasións. Todo empeza nunha crúa noite de inverno, cando un neno de poucos días aparece abandonado á porta dun convento. Son tempos de guerras carlistas, de loitas populares e de bandoleirismo. E aquel rapaciño de escuras orixes, criado polos monxes...

    3,90 €