Libros de Editorial : EDITORIAL GALAXIA

260 resultados

  • VOZ INSURRECTA,A. M? VICTORIA MORENO,ENTRE A LIT. A A VIDA
    PENA PRESAS, MONTSE
    Escritora, profesora, conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unh...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • QUINTANA VIVA
    FILGUEIRA VALVERDE, XOSÉ
    Escritos ao longo de medio século, os relatos deste libro inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de Castelao nas que o autor de Adral reflicte o seu xeito de contemplar o vivir galego. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral. ...

    3,90 €

  • O MEU PESADELO FAVORITO
    MARÍA SOLAR
    Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo. ...

    3,90 €

  • ESPANTALLO AMIGO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e...

    3,90 €

  • TES ATA AS 10
    CASTRO, FRANCISCO
    Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendente...

    3,90 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na misera, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por...

    3,90 €

  • DEBUXOS NO MURO
    RUÁ, AURORA
    Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da súa idade, que viviu, seten...

    3,90 €

  • BISA BEA, BISA BEL
    MACHADO, ANA MARÍA
    Unha desas hitorias doces que nos fan entender que a vida é un lugar marabilloso. Un libro moi divertido que trata, tamén, dunha nena moi especial. ...

    3,90 €

  • BÁGOA DE LÚA
    GONZÁLEZ, SABELA
    Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar...

    3,90 €

  • O NENO CAN
    CASALDERREY, FINA / CASTRO, FRANCISCO
    O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos...

    3,90 €

  • 2044
    SANTIAGO SOTO, EDUARDO
    Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo? de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonis...

    3,90 €

  • LAURA NO DESERTO
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se d...

    3,90 €

  • CABEZA DE PELOURO
    NOZIERE, JEAN-PAUL
    Un libro sobre o esforzo dunha rapaza alxeriana por saír adiante en Europa. Un libro sobre a intolerancia. Aïcha non é unha adolescente calquera. De orixe alxeriana, prepara os exames de bacharelato pola súa conta nunha pequena vila francesa, á vez que se ocupa do seu irmán maior, Mouloud, cheo de obsesións e ao bordo da tolemia. Descobre o difícil pasado da súa nai en Alxeria ...

    3,90 €

  • XOGO SUCIO
    PEDROLO, MANUEL DE
    O protagonista e narrador desta historia é un escuro traballador barcelonés que coñece casualmente a unha fermosísima e enigmática rapaza. Ese encontro vai determinar un cambio radical na súa vida, pois a paixón amorosa que o domina o levará a facer cousas das que nunca se tería considerado capaz. As ambicións durmidas e a arela de emprender unha vida nova, distinta á que lle t...

    3,90 €

  • MENÚ DE ENGANOS
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor. Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta. ...

    3,90 €

  • STEFANO
    ANDRUETTO, MARÍA TERESA
    Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un naufraxio, a chegada ao porto de Bos Aires, a súa viaxe en tren cara á Pampa, a súa incorporació...

    3,90 €

  • MAR E NOSO, O
    BORRAS, ALICIA
    Velaquí un lote de contos acabados de pescar, con arrecendo a mar, para seren lidos ao natural. ...

    3,90 €

  • KAFKA E A BONECA VIAXEIRA
    SIERRA I FABRA, JORDI
    Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2007. Velaquí un libro que fala dun misterio: o que xunguiu o escritor Franz Kafka cunha nena que perdera a súa boneca. Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida. ...

    3,90 €

  • CONTOS AZUIS
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Azuis e de moitas outras cores -a cor da lembranza, a cor da nostalxia, tamén a cor da aventura e da ilusión- están tinguidos estes relatos cos que has viaxar polo tempo, polos sentimentos e pola literatura. ...

    3,90 €

  • AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS
    CARLOS CASARES
    Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa. ...

    3,90 €

  • PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
    CASALDERREY FRAGA, XOSEFA
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que ...

    3,90 €

  • PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
    CASALDERREY, FINA
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que ...

    3,90 €

  • TERRITORIO, FINANCIAMENTO E CONTROL DE GASTO
    Realizadas desde múltiples perspectivas, as análises recollidas en Territorio, financiamento e control do gasto permiten coñecer a realidade para poder avanzar no perfeccionamento social. Este libro nace con esas intencións e con eses obxectivos, continuando a idea que se concretou hai dous anos coa publicación de Chaves da economía pública galega. A nova achega recolle oito tr...

    3,90 €

  • DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE
    MARTÍN, PACO
    Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existencia é apracible, como lle corresponde a unha persoa da bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cousas. Das cousas que lle acontecen a Ramón Lamote e da súa particular maneira de entender o mundo trata esta novela. ...

    3,90 €

  • VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
    L. BERNÁRDEZ, CARLOS
    Nun único volume que condensa as distintas e ricas facetas da súa obra literaria e as relaciona coa súa biografía, este libro é unha áxil e rigorosa introdución á figura e aos textos do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008. Narrativa, poesía e artigos de xornal aparecen estreitamente vencellados ao seu labor como editor e estudoso da literatura. O seu autor, C...

    3,90 €

  • CANLE SEGREDO
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954. A tensión emocional do poemario de Xosé María Álvarez Blázquez abala, en suxestiva figura de contrastes, entre a afirmación do equilibrio e a creba dolorida e grave. A carón da promesa e engaiolamento do amor, a vivencia da plenitude en tempos de infancia e a dor pola perda do estado paradisíaco, flúe tamén a carra...

    3,90 €

  • VIGO
    DE CARLOS, HELENA
    Velaquí a literatura como equipamento para a vida, unha arte para sobrevivir no asedio do absurdo. Por iso non é este un libro na procura do que non queda, nin sequera da súa evocación, pola contra, é a constatación da ausencia, o saúdo educado a unha nova compaña. ...

    3,90 €

  • O REINO IDEAL
    MOURIÑO, MIGUEL ANXO
    Agora ten que esquecer aquilo e dispoñerse a empezar de novo. Novos amigos, novas formas de vivir. O que Antía aínda non sospeita é que lle esperan non poucas sorpresas e aventuras. ...

    3,90 €

  • SERES CON RAICES NA CARA, OS
    ALFAYA, AN
    Os Seres con Raíces na Cara. Como? Non sabes quen son? Velaquí a porta de entrada ao lugar no que eles habitan. ...

    3,90 €


01 02 03 04 05 06 07 08 09 »