Libros de Xuvenil galego

Xuvenil galego (428)

Libros juveniles en gallego de segunda mano. Historias para jóvenes lectores en lengua gallega, con ejemplares revisados y disponibles según catálogo.

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • CONTASALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. " Cont...

    3,90 €

  • 4 XINETES
    FARIÑA, ANXO
    Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse ...

    3,90 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...

    3,90 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    COSTAS, LEDICIA
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...

    3,90 €

  • PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamé...

    3,90 €

  • O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
    CALVEIRO, MARCOS
    Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os...

    3,90 €

  • TRES PASOS POLO MISTERIO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de “A serpe de pedra” conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos bai...

    3,90 €

  • FELIZ FEROZ. O LOBIÑO RIQUIÑO
    O HEMATOCRÍTICO
    A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños... Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo d...

    3,90 €

  • LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis. Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa resp...

    3,90 €

  • RUBICUNDO
    CANOSA, MARÍA
    Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta...

    3,90 €

  • DRAGAL I
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu ...

    3,90 €

  • A CEA DAS ENAGUAS
    ALFAYA, AN
    Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira da que foi fareiro moitos anos. Nesas estadías acoden a ver a Sara, unha anciá que vive fechada nunha casa, no mutismo máis absoluto. Eloi descobre entón episodios escuros do pasado nos que están implicados os dous vellos e outros habitantes da vila: historias turbias relacionadas co contrabando, amores ...

    3,90 €

  • NENA E O MAR
    ESMORÍS, ÉRICA
    Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa das Sereas. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e ...

    3,90 €

  • O LAPIS DE ROSALÍA
    CORTIZAS, ANTÓN
    Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: -Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou se...

    3,90 €

  • SOBREVIVES?
    CASALDERREY, FINA
    ¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos ...

    3,90 €

  • TRISTES ARMAS
    MAYORAL, MARINA
    Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mul...

    3,90 €

  • MAO TIANG PELOS TESOS
    DEL AMO, MONTSERRAT
    Na afastada China está a ocorrer algo extraordinario: a Vella Emperatriz convocou un concurso entre todos os habitantes do Imperio para elixir o que vai ser o futuro Emperador e o home da princesa Yin Li. Os apirantes chegan por centos, por milleiros, ante as portas do Palacio Imperial. Mao Tiang Pelos Tesos, un mozo coidador de parrulos, é sen dúbida o máis humilde, torpe e de...

    3,90 €

  • O MEU PESADELO FAVORITO
    MARÍA SOLAR
    Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo. ...

    3,90 €

  • ESPANTALLO AMIGO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e...

    3,90 €

  • O CENTRO DO LABIRINTO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David. A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o de...

    3,90 €

  • O VELENO DA RISA
    JAUREGUIZAR
    Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro ...

    3,90 €

  • ALEXANDRA
    LOLA GÁNDARA
    Todo comezou coa desaparición de Alexandra, unha noite de concerto. Ao tentar atopala, descubrín ata que punto influíra na miña vida e na dos meus amigos. Pero en cada un de nós, Alexandra era diferente e non tiña nada que ver coa rapaza que pasou con nós unha tempada. Tentei descubrir o misterio da súa desaparición e dei cunha historia do pasado que me deixou abraiada. Como d...

    3,90 €

  • O FÍO VERMELLO
    ALFAYA, AN
    A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon n...

    3,90 €

  • A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    FARIÑA, ANXO
    Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaba...

    3,90 €

  • CONTOS POR PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunh...

    3,90 €

  • O AROMA DO LIQUIDÁMBAR
    ALFAYA, AN
    Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca n...

    3,90 €

  • A PUNTA DE PISTOLA
    ALONSO, FRAN
    A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a...

    3,90 €

  • O MISTERIO DO FARO VELLO
    CASALDERREY, FINA
    Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo. ...

    3,90 €

  • TRAMPA DE LUZ
    AGRA, AGUSTÍN
    Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. Sabe que para collelas debe pórlles unha fonte luminosa e un pouco de auga azucrada e logo agardar a que as presas acudan ao reclamo. A presenza na vila do tanxedor de campás provocou ...

    3,90 €


Libros juveniles en gallego

En esta sección reunimos libros juveniles escritos en gallego, pensados para quienes prefieren leer en esta lengua. Aquí encontrarás historias dirigidas a adolescentes y jóvenes, publicadas o traducidas al gallego.

Una selección complementaria

Esta categoría funciona como un espacio adicional dentro de nuestro catálogo y complementa otras secciones como libros en gallego y libros juveniles. Su objetivo es facilitar la identificación de obras juveniles disponibles específicamente en gallego.

Literatura juvenil en lengua gallega

Los títulos presentes pueden abarcar distintos géneros propios de la literatura juvenil, siempre en versión gallega. Es una opción pensada para lectores que buscan ampliar su biblioteca en esta lengua.

Segunda mano y disponibilidad

Todos los libros incluidos son ejemplares de segunda mano en buen estado. La disponibilidad puede variar, por lo que esta sección puede incluir ediciones actuales o difíciles de encontrar.