A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA

2ª Mano

A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA

TABOADA, CARLOS

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2018
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9121-370-3
Páginas:
216
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana.
" A biblioteca de Pedrarcana " é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.

Artículos relacionados

  • 48 HORAS
    PANIAGUA POUSA, CÁNDIDO
    Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais...

    3,90 €

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
    COSTAS, LEDICIA
    Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan...

    3,90 €