RAPAZAS

2ª Mano

RAPAZAS

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2007
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-962-6
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo
3,90 €
IVA incluido
Oferta

¿Qué estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Qué sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Qué segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada adolescencia. A nova edición de Rapazas dentro da colección Fóra de Xogo foi totalmente revisada polo autor, que reescribiu cada un dos contos publicados por Xerais en 1993.

Artículos relacionados

  • TEÑO OITO ANOS E QUERO SER YOUTUBER
    BABARRO, XOÁN
    Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais. Queren ser youtubers! Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuber é algo máis que sorprendente… ...

    3,90 €

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • O QUE NUNCA CHE CONTARON
    CANOSA BLANCO, MARIA / GOMEZ FERNANDEZ, ENRIQUE
    Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito ...

    3,90 €

  • MURIEL
    CANOSA, MARÍA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • LA ESCUELA DE LOS PIRATAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    De repente, se escuchó un ruido sordo. Un sonido grave, profundo y prolongado, que consiguió imponerse al estrépito de la lluvia. Y los niños se miraron los unos a los otros, con caras de sorpresa e inquietud... ...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

  • TRES PASOS POLO MISTERIO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de “A serpe de pedra” conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos bai...

    3,90 €

  • CONTOS POR PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunh...

    3,90 €

  • A CIDADE DOS DESEXOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada. Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da x...

    3,90 €

  • O CENTRO DO LABIRINTO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da pob...

    3,90 €