Libros de Editorial : EDICIÓNS XERAIS / Colección : Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

30 resultados

  • CONTASALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. " Cont...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
    CALVEIRO, MARCOS
    Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os...

    3,90 €

  • DRAGAL I
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu ...

    3,90 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...

    3,90 €

  • SOBREVIVES?
    CASALDERREY, FINA
    ¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos ...

    3,90 €

  • O CORAZÓN DE XÚPITER
    COSTAS, LEDICIA
    Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de es...

    3,90 €

  • FLOR DE AREA
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    «Son Amrah ben Dimas Ber Suhila al Targ, koblai por parte de nai, da tribo de Mastuq, e siria de Halab por parte de...» Flor de area é a historia dunha moza iraquí que, destinada a ser a doce esposa dun persoeiro principal, se atreveu a rachar coa inercia para exercer de muller, de nai, de traballadora, de amante, de patriota, na cerna dunha sociedade conservadora e baixo a op...

    3,90 €

  • PODEROSA
    KLEIN, SÉRGIO
    Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora. Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesm...

    3,90 €

  • PODEROSA 2 . DIARIO DUNHA RAPAZA QUE TIÑA O MUNDO NA MAN
    KLEIN, SÉRGIO
    Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario. Neste segundo título da serie, Sérgio K...

    3,90 €

  • NOITE DE VORACES SOMBRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de ca...

    3,90 €

  • O VIXÍA NO CENTEO
    SALINGER, J. D.
    Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagoni...

    3,90 €

  • IRMÁN DO VENTO
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    "Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de re...

    3,90 €

  • CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
    DOCAMPO, XABIER P.
    Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamab...

    3,90 €

  • A BANDA SEN FUTURO
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conver...

    3,90 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontars...

    3,90 €

  • RÚA CARBÓN
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi coma ela mesma, militante de ETA político-militar e morreu, antes que Paula nacera, cando colocaba un coche bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provo...

    3,90 €

  • AMOR DOS QUINCE ANOS, MARILYN
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvaece. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vinte cinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de ''Amor dos quince anos, Marilyn''. Un ...

    3,90 €

  • AS MANS DO MEDO
    MIRANDA, XOSÉ
    Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemite...

    3,90 €

  • A POMBA E O DEGOLADO
    CASALDERREY, FINA
    A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífícil...

    3,90 €

  • RAPAZAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    ¿Qué estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Qué sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Qué segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis...

    3,90 €

  • DO OUTRO LADO DO ESPELLO
    SIERRA I FABRA, JORDI
    Aos seus dezaseis anos, Marisa aínda non sabe o que é o amor. Pide respostas a esa descoñecida que é a súa imaxe no espello. Mirándose sente unha dor invisible que arrinca dende o máis profundo do seu ser. Amalia, a súa mellor amiga; Luís Enrique, o rapaz que lle abre as portas ao mundo do teatro; Chari, a súa irmá e os seus pais son o espello onde as súas dúbidas van resolvers...

    3,90 €

  • EU TAMPOUCO ME CHAMO FLANAGAN
    MARTÍN, ANDREU / RIBERA, JAUME
    Eu tampouco me chamo Flanagan é a nova entrega da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente creado en 1989 por Andreu Martín e Jaume Ribera, e publicada en galego por Xerais dentro da súa colección Fóra de Xogo. Como nas entregas anteriores, o intelixente detective aceptará unha investigación para facer fronte aos seus caprichos, o que o levará a meterse, como a...

    3,90 €

  • EU, QUE MATEI DE MELANCOLÍA AO PIRATA FRANCIS DRAKE
    MOURE, GONZALO
    A finais do século XVI, despois da derrota da Armada Invencible, Jovino vive diversas aventuras nas que coñece o amor, a amizade pero tamén a morte e o sentimento de vinganza. Nas augas de Porto Rico, suxire ao almirante Sancho Pardo de Donlebún unha trampa para atraer ao mítico corsario inglés. "Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake" é unha novela histórica de p...

    3,90 €

  • SERVICIO DE URXENCIAS
    DE TORO, SUSO
    A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Ser...

    3,90 €

  • ARIADNA
    MIRANDA, XOSÉ
    Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse ...

    3,90 €

  • O SACO DE SIMÓN
    FINE, ANNE
    Faltan once días para o grande experimento dos nenos de fariña. Os rapaces están listos para guindar á canle a patadas aos seus nenos de tres quilos de fariña, pero Simón non. O moneco de Simón está axudándolle a entende-la súa propia vida: porqué o abandonou o seu pai e o forte que foi a súa nai por telo criado soa. ...

    3,90 €

  • LUME DE BIQUEIRA
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo. Acababa de se incorporar, con a penas ...

    3,90 €

  • EN VOZ BAIXA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    En voz baixa recolle a historia de Roberto Núñez Veiga, mozote de dezaseis anos que cursa segundo de BUP, que vive co seu pai, un xornalista que quere ser escritor. Roberto viu como se derrubaba definitivamente un castelo xa en ruínas dende había ben tempo: o matrimonio dos seus pais. Daquela os seus choros silandeiros mesturábanse coa voz de Jim Morrison, necesitando desa voz ...

    3,90 €