OS FÍOS . PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2010

2ª Mano

OS FÍOS . PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2010

SIERRA VELOSO, XURXO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2010
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9865-326-7
Páginas:
180
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
3,90 €
IVA incluido
Oferta

A novela comeza un venres outonizo e soalleiro no que Antón Queguas chega a un hotel rural na procura de descanso e rutas de montaña. Citouse alí con Lidia, a súa parella, á que só ve durante as fins de semana. Cando sobe á habitación, decátase de que a calefacción non funciona, polo que pide axuda á empregada do establecemento, Baldi, unha rapaza moi nova, pouco faladora e esvaidamente misteriosa. Iníciase daquela un xogo de azares e malentendidos que van cambiar por completo a vida dos personaxes. Uns meses máis tarde, Antón recibe a notificación dun avogado: Baldi está embarazada e cítao para unha proba de paternidade. Lidia, sentíndose traizoada, percorre as estradas co seu catálogo de pintura contemporánea, mentres tenta afogar os accesos de xenreira e rancor que a asolagan. E aínda hai un terceiro protagonista, Chano Bendaña, un modesto artesán xoiero que se ve implicado, dun xeito inesperado, nunha enxurrada de confusións. Antón, Lidia e Chano: tres historias que camiñan pola fronteira do cotián e do absurdo, enfiadas por Xurxo Sierra con intelixencia e saber facer narrativo. Unha historia de vidas cruzadas na que o destino dos personaxes introduce un plus de intriga que engaiola e sorprende ao lector.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • ADIÓS MARÍA
    TORRES, XOHANA
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha da...

    3,90 €

  • XARDINEIRO DOS INGLESES,O (PREMIO GARCIA BARROS 2017)
    CALVEIRO, MARCOS
    Premio García Barros 2017 Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocu...

    3,90 €

  • A IRA DOS MANSOS
    ESTEBAN, MANUEL
    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magní...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €