Libros de Editorial : EDITORIAL GALAXIA / Colección : Literaria

21 resultados

  • O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE
    CASTRO, FRANCISCO
    Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontencendo agora mesmo en calquera das nosas cidades. Un reto para...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • O BOSQUE DE LEVAS
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, ALFONSO
    Un liberal axustizado durante o reinado de Fernando VII, vai visitar, por obra e graza da arte narrativa, a Galicia de finais da centuria pasada. Co recurso do contraste entre dúas realidades históricas, esta divertida novela introdúcenos nun universo literario que opta polo humor como vía de interpretación da realidade. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • FADO DE PRINCESA
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    A historia dunha muller contada por si mesma, unha velente incursión narrativa. Crónica íntima que que abeira as marxes dunha desolación: o que determinada sociedade esixe das mulleres, e a loita delas, decote calada e sufrinte, por fuxir da imposición dun rol. Unha novela directa, contada sen complexos nin compracencias, velaquí a historia desta Madame Bovary de fins do século...
    En stock

    3,90 €

  • ÁMOTE
    CANEIRO, XOSÉ CARLOS
    Para espantar a tristeza, un periodista misántropo, bebedor, hipocondríaco e desequilibrado crea o seu amor ideal: a incerta dama dos ollos verdes. Historia dunha paixón desesperada, Ámote está escrito cunha prosa envolvente, atenta aos sentimentos e de forte poder evocador. Xosé Carlos Caneiro introdúcenos nun universo narrativo elaborado desde a emoción da palabra e o triunfo...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • A ESTRAÑA ESTRELA
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Un protagonista sometido a leis sobrenaturais e unha estrutura en caixas chinesas son os eixes deste libro. Corsarios turcos, senlleiros navegantes, amor e guerra nunha narración que arrastra o lector co pulo da liberdade creadora e o pracer de contar. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • O EMBRIÓN
    RISCO, ANTÓN
    Premio de novela Liceo Rubia Barcia do Concello de Ferrol, 2002. Nesta novela danse cita os mitos e figuras da cultura occidental da man dun narrador omnipresente que vai ensarillando o relato. Novela totalizadora coa que o autor obtivo o Premio Liceo Rubia Barcia Cidade de Ferrol, exprésase nela a obsesión polo tempo circular e a esperanza do eterno retorno. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • ANIMALIA
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Premio Café Dublín de Narrativa, 1999. Os personaxes que habitan estas narracións non son seres fantásticos nin monstruosos, pero nas súas vidas pode irromper de forma inesperada ese fío íntimo e secreto que une a humanidade co misterioso e o inexplicable. Animalia recibiu, por unanimidade, o Premio Café Dublín de Narrativa 1999. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • LUZ DE ABRENTE
    CALVO, TUCHO
    Tucho Calvo ofrécenos unha novela na que fai gala, unha vez máis, da súa destreza para argallar historias abraiantes e cheas de enigmas. Nesta nova entrega, un escritor e a súa dona incorpóranse á vida dunha aldea mariñeira que acaba exercendo sobre eles unha influencia esmagadora da que non se poden librar. Botando man dunha lingua literaria densa e plástica, Tucho Calvo prese...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • A SOMBRA DOS TEUS SOÑOS
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    O autor non usa edulcorante, senón azucre de verdade; e o café del non é descafeinado, ao contrario: é negro e forte, e por iso pode inquietar. Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra. Fr...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • O PAXARO QUE CANTA UN NOME
    LORENZO TOMÉ, XAVIER
    Premio Blanco Amor de Novela 1996. Exercicio literario baseado na evocación lírica do mundo da infancia nunha vila balnearia da posguerra galega. A novela destaca pola súa tonalidade sentimental, a súa riqueza descritiva e un traballado estilo literario capaz de transmitir a intensa emoción da vida recuperada a través da memoria. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • BERRA LIBERDADE
    ESCRITORES GALEGOS POR AMNISTÍA INTERNACIONAL
    Este libro recolle textos de escritores galegos que ceden os seus dereitos de autor en beneficio de Amnistía Internacional, unha organización independente dedicada a denunciar en todo o mundo os abusos contra os dereitos humanos. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • OS MORADORES DA NADA
    LAMA, XAVIER
    Nestes contos, que recibiron o premio Álvaro Cunqueiro de 1995, hai un saibo amargo e escuro, contrapesado por un humor que remata por adquirir unha fasquía tráxica e perversa. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • O CAPITÁN LOBO NEGRO
    VALCÁRCEL, XESÚS MANUEL
    Aínda fluctuando entre formas literarias tan diferentes como o conto de medo e o disparate cómico, os catorce relatos incluídos en O capitán Lobo Negro teñen o inconfundible selo de Xesús M. Valcárcel. En 1995 recibiu o Premio da Crítica Española por este libro. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • O TÍO GORIOT
    BALZAC, HONORÉ DE
    Na miserenta pousada parisina da señora Vauquer conviven personaxes como o estudante Rastignac, o expresidiario Vautrin e o vello Tío Goriot, un home arruinado pola súa paixón paterna cara a unhas fillas pouco agradecidas. Unha novela que se desenvolve nun París menesteroso e popular. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • OS LEOPARDOS DA LÚA
    FONTE, RAMIRO
    Unha cidade escura e confusa. Un tempo de cambios, voltas e reviravoltas. Daniel Linde vai intentar que se faga a luz e se clarexe o revoltallo, sen pensar que as consecuencias da súa acción poidan ser diferentes ás esperadas. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • FÁBULA
    ALCALÁ, XAVIER
    Os conflitos políticos e os dramas persoais e humanos dun amplo grupo de persoas que ben puidesen representar a todos os galegos de hoxe. Unha novela situada na Galicia contemporánea, quizais a obra máis madurecida de Xavier Alcalá. ...
    En stock

    3,90 €

  • DOS ANXOS E DOS MORTOS
    REI BALLESTEROS, ANXO A.
    É unha novela que pretende retratar a vida dun grupo de xóvenes, homes e mulleres, que viven no Santiago dos anos setenta. Un libro escrito con paixón e lucidez, que nos ofrece unha pintura viva e intelixente duns modos de vida que encarnan unha maneira de ser moi representativa da mocidade daquel tempo. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • OS CAMIÑOS DA VIDA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Trátase dunha novela que se foi publicando dividida en tres volumes e que narra a historia dos Doncos e dos Puga, dúas familias que representan o pasado e o futuro do país. Aquí atópanse as principais correntes do XIX galego: a desfeita do tradicional mundo agrario debida ao fracaso da fidalguía rural e aos efectos da desamortización de bens eclesiásticos; a irrupción dunha nov...
    En stock

    3,90 €

  • MÚSICA SACRA
    CONDE CID, ALFREDO
    Os nove relatos deste libro están firmados en diferentes cidades: A Habana, Roma, Xenebra, Nova Iork, Aix-en-Provence, Palma de Mallorca, Frankfurt e Buenos Aires. O conxunto supón unha proba brillante da versatilidade do autor, que se move con absoluta naturalidade entre o relato lírico, o culto, o realista ou o máxico. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • DIARIO DO MIMO
    PANERO, CARMEN
    Compoñen este libro algo máis dunha ducia de relatos breves escritos cunha sensibilidade exquisita, na que os valores narrativos, administrados con moita intelixencia, acaban creando unha atmosfera poética absolutamente cativante. Trátase dun diario feminino no que, páxina a páxina, asistimos á maduración vital dunha muller: a perda das ilusións, a aparición do desengano, o enc...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €

  • O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA
    FERNÁNDEZ FREIXANES, VÍCTOR
    Premio Blanco Amor de Novela 1982. A epopea, verdadeira e fantástica, dos vellos navegantes galegos. Unha ambiciosa metáfora que pretende explicar algúns dos momentos máis transcendentais de Galicia e a súa historia e que conseguiu os eloxios unánimes da crítica. ...
    En stock. Solo 1 ejemplar disponible

    3,90 €