2ª Mano
Max Weber, economista, sociólogo e filósofo alemán (Erfurt 1864-Munich 1920) é un dos grandes pensadores europeos deste século, encadrado na terceira grande xeira de intelectuais preocupados polas ciencias sociais e a idea de " progreso " para a humanidade, logo dos filósofos da Ilustración e a xeración de teóricos de tradición " científica " (Hegel, Condorcet, Comte, Marx, Spencer...). .
O pensamento de Weber céntrase moi principalmente nunha cuestión de especial interese e actualidade neste final do século XX: a posible harmonización entre a idea racionalizadora que a sociedade occidental ten do progreso e as liberdades do individuo nesa mesma sociedade. a totalitarismo, a democracia, a xustiza ou inxustiza social, os desequilibrios, o novo humanismo, etc., son cuestións que preocupan especialmente ó filósofo, sempre na procura -como aqueloutro Dióxenes coa súa lanterma- do home libre.
O presente volume propón unha reflexión profunda, documentada e clarificadora sobre un dos pensadores de máis influencia no noso tempo.