ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES

2ª Mano

ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES

ANEIROS, ROSA

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2015
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-558-7
Páginas:
312
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Milmanda
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona?
Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • ADIÓS MARÍA
    TORRES, XOHANA
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha da...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ause...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • RESISTENCIA
    ANEIROS, ROSA
    Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os person...

    3,90 €