Libros de Editorial : EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

105 resultados

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Aire Negro ten como eixe principal unha desacougante historia de terror, que se mestura cunha dobre historia de amor que ten a protagonista como centro. Toda a novela é unha analepse ou flash-back, xa que o narrador é un médico psiquiatra, Víctor Moldes que, tres anos despois de que ocorresen, nárranos os feitos que o fixeron abandonar a profesión e que obrigan a vivir nun perm...

    3,90 €

  • CRAZY
    LEBERT, BENJAMIN
    Cando Benjamin cumpre dezaseis anos inicia a experiencia do seu quinto internado. Botárono dos catro centros anteriores. Benjamin, que padece unha parálise parcial no lado esquerdo do seu corpo, non é feliz con ter que deixar a súa familia e é moi escéptico sobre as posibilidades de mellorar as súas malas cualificacións. Todo mudará cando coñece a Janosch, ao seu carismático co...

    3,90 €

  • A CARRAPUCHIÑA VERMELLA
    GRIMM, JACOB / GRIMM, WILHELM
    Desta era unha pequena e doce rapariga que non ben un a vía xa quedaba engaiolado, pero sobre todo queríaa a súa avoa, que xa non sabía que darlle á nena. Un día regaloulle unha carrapuchiña de veludo vermello, e como lle viña moi acaída e non quería levar outra cousa, deron en chamarlle Carrapuchiña Vermella? Carrapuchiña Vermella era unha nena moi boa e obediente. Pero un dí...

    3,90 €

  • UNHA NOITE CON CARLA
    MALVAR, ANÍBAL C.
    En palabras do autor con esta novela " pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia. El escribe un libro de encarga, un libro mercenario, sobre uns feitos acaecidos un ano antes e que re...

    3,90 €

  • EU E OS MEUS COLEGAS
    MACPHERSON, ANN / MACFARLANE, JAMES AIDAN
    Steve, Rachel, Tony, David, Jerry e Miranda son colegas dende a escola primaria. Agora están a pasar por momentos difíciles. A festa do Instituto remata cun paseo pola comisaría de policía onde terán que afrontar acusacións de posesión de drogas e roubo de bicicletas. A morte do seu profe de Química fará que reflexionen e sintan moi preto as consecuencias da sida.Saúde, sexo, d...

    3,90 €

  • NÁUFRAGOS EN TERRA
    MARTÍNEZ OCA, XOSÉ MANUEL
    Náufragos en terra está constituído por seis relatos, " A presencia " , " Cari " , " Antes do naufraxio " , " Fin de semana " , " Os cumios da serra " , " Saudade con botella e velador " que son outras tantas historias de amores imposibles, de encontros fortuítos, de almas xémeas en camiños que nunca se chegan a encontrar.Este fermoso libro de relatos conmoverá ós lector...

    3,90 €

  • MATAR O TEMPO
    VALCÁRCEL, XESÚS
    Matar o tempo é a historia dun proceso educativo para a deshonra e a vileza, mestura de novela picaresca e feminina, móstranos a loita dun personaxe de condición humilde, que, a trompadas, coa adversidade, vai edificando a súa vida a conta dos outros,e pasa fame, sofre enganos, burlas, explotación. En ningún dos ambientes nos que se desenvolve hai nunca lugar para a piedade, o ...

    3,90 €

  • CARA Á FIN DA LUZ
    VILA SEXTO, CARLOS
    A familia Banks ?os adolescentes Joseph e Shannon e os seus pais? saen de vacacións. Pola radio anuncian unha eclipse para dentro de tres días e Joseph nota algo estraño no aire, como agoiros indefinidos. Na estrada atopan un atasco e deciden tomar unha rota alternativa, pola que van parar a Nova Israel, un pobo misterioso e solitario no que quedan atrapados. Alí serán testemuñ...

    3,90 €

  • ANÉLIDOS
    BERNARDO, BRUNO
    O verme Ferf Ferf descobre un día que pode comprende-la línguaxe das toupas. Esa habilidade sálvalle a vida: unha toupa chamada Basilei lévao á presencia do seu reí por ver se o divirte. Pero xusto ese día o fillo do reí perdérase e as toupas pensan que fora raptado polas aguias. Ferf Ferf descobre que non foran as aguias, senón as donicelas, as raptoras do fillo do reí das tou...

    3,90 €

  • LUCÍA
    FRÍAS CONDE, FRANCISCO XAVIER
    A protagonista do conto é unha rapaza chamada Lucía, moi calada e misteriosa, todo o contrario da súa irmá Carolina. A familia de Lucía vive en Madrid, logo de abandonaren Ibias, a súa vila natal entre Galicia e Asturias.Lucía a penas sae da casa e sempre leva canda ela unha caixa baleira de ébano entre as súas mans.Unha noite Carolina espía a súa irmá e ve como se converte nun...

    3,90 €

  • OS NERVIOS DA CABEZA
    CERMEÑO, XOSÉ
    Os nervios da cabeza son 17 contos breves, brevísimos, precedidos por un breve comentario, tamén, do escritor evidencialista e novo Premio Blanco Amor na súa edición de 1994, Xosé Cid Cabido. Os relatos, de ben diferente temática e feitío, sabotean o ritmo e a disposición real dos acontecementos case tanto como prefiren o humor, a ironía e a negación de toda importancia para os...

    3,90 €

  • AS PALABRAS NO EXILIO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Construíu no exilio unha obra de poeta, de dramaturgo, de narrador, de ensaísta e de articulista que constitúe na historia do galeguismo o primeiro capítulo de notable entidade na historia do discurso progresista. Este discurso está nas súas palabras pero tamén nas súas empresas (revistas, coleccións de libros...), consciente de que tales empresas eran necesarias para complemen...

    3,90 €

  • CIENCIA DE FACER AS CAMAS
    CERMEÑO, XOSÉ
    As mulleres que teñen fe na literatura non adoitan fiarse dos escritores. E levan algo de razón. Dun libro é posible arrincar as páxinas que non nos pracen, esquecer as que nos crispan, botar ó lume as que xa gastamos coa lectura ou as que non pensamos ler. En troques, dun señor que escribe non é tan fácil esmoucar e desbotar os seus defectos nin as súas ideas nin as súas mirad...

    3,90 €

  • O CAPITÁN RO E O GATO BO
    GLORIA SÁNCHEZ
    O terrible capitan Ro, procedente do planeta Roña, descende coa súa nave sobre a Terra. Como todos os roñentos aliméntase de cousas que comezan pola sílaba ro. En pouco tempo desaparecen todas as rosas, todas as rochas, rodas... Con el viaxa o gato Bo que, farto xa do seu amo, proponlles ás autoridades terrestres un acordo: el entregarlle o insaciable capitán a cambio de que ll...

    3,90 €

  • A UNIVERSIDADE
    RUBÉN CAMILO LOIS GONZÁLEZ
    Desde hai cincocentos anos, a Universidade de Santiago vén concentrando boa parte da oferta educativa superior en Galicia. Durante moito tempo esta institución mantivo un carácter elitista e minoritario, coherente co seu protagonismo na formación dos grupos dirixentes do país, pero a partir de 1960 apréciase unha ruptura fundamental na evolución seguida pola Universidade, que p...

    3,90 €

  • CONVERSAS CON MANUEL MEILÁN
    SAMUELLE, CRISTINA
    Castelao morre na mañanciña do 7 de xaneiro de 1950. Manuel Meilán busca ansiosamente a Blanco Amor en Montevideo para levalo a Bos Aires.As sociedades galegas queren que sexa o escritor ourensán quen pronuncie as derradeiras palabras de despedida ó rianxeiro. Así comenza o primeiro capítulo deste libro. .Manuel Meilán (Lugo, 1904) defínese a si mesmo como " un simple peón de ...

    3,90 €

  • GALERÍA DE ESQUECIDOS DE FELICIANO LOBELOS
    VÁZQUEZ FREIRE, MIGUEL
    As esculturas de Ermelinda eran todas pezas dun tamaño semellante, de un metro de alto aproximadamente.Todas respresentaban a figura dun home. O home, que manifestamente non sempre era o mesmo (habíaos gordos e fracos, con barba e sen ela, etc.), tiña en tódolos casos un enonne pene que, como era tamén manifesto, a duras penas podía soster. O pene -ou " pollón " , como pronto ...

    3,90 €

  • ESTACIÓN TÉRMINO
    PÉREZ IGLESIAS, DAVID
    Ninguén sabe como choveu aquela noite na estación. " Hai anos... " non di o real: o real é agora para min a negación dos minuciosos azares diarios, os xestos repetidos no baleiro incontestable de cada xesto.A memoria da estación tivo a consistencia dunha mazá madura. Agora é incompresible coma o eco que devolve un pozo. Non sinto aquela noite, e esa sensación obra no meu cere...

    3,90 €

  • CULPABLE DE ASASINATO
    HEINZE, ÚRSULA
    Tes que me tocar de sorpresa nas nádegas. Rapidísimo, ¿entendes? Se insistes. Tratei de conserva-la serenidade. A min non me fagas dano, eh. Iso non ten nada que ver contigo.Púxose a bicarme con paixón e a agarimarme o corpo docemente coas mans, chegando ata os recantos máis íntimos e ocultos. Nun momento de sumo gozo achegueille fugazmente o pitillo aceso ás nádegas.O terrible...

    3,90 €

  • SOÑOS ELÉCTRICOS
    CARIDE, RAMÓN
    O tema central é a cultura de masas, concretamente o universo do rock and roll, con moita influencia de músicos como David Bowie e referencias ó cine e ó cómic. A novela está ambientada nun mundo futurista, que pode ser herdeiro do de Blade Runner, a película de Ridley Scott, ou de Un mundo feliz, de Aldous Huxley. Sobre a estructura da novela é " coma unha acumulación de rela...

    3,90 €

  • PECADOS MANUAIS
    CORA, XOSÉ DE
    Un guateque era o terreo ideal para presentar unha estratexia de acoso e derruba, especialmente se chegabamos a el coas armas axeitadas, equipados dun impecable swing para o twist, do acaneo medido para o madison, do desenfreo xusto para o rock, do compás que require a cumbia e dos brazos máis agarimosos para a traca final do agarrado, cando a metade das luces xa estivesen apag...

    3,90 €

  • HOMES DE TRAS DA CORDA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Todos levamos un pequeno paraiso dentro. O paraiso da memoria e da infancia, os antigos soños, as primeiras historias, as vellas paisaxes que seguen dentro de nós e nos acompañan sempre. A Corda é unha serra das terras do norte de Lugo , alén das paisaxes cunqueirianas de Mondoñedo, " serra de andar de vagar, sen présa " , di o autor, " para que os homes, pola meditación da n...

    3,90 €

  • MARCOVALDO
    CALVINO, ITALO(1923-1985)
    Sabemos do home Marcovaldo que traballa nunha empresa e vive na cidade. Mais, ¿que clase de trabaIlo fai?, ¿cal é a súa calificación laboral?, ¿que fabrica ou vende a empresa " Sbav " ?, ¿en que cidade -parece Milán, pode ser Turín vive Marcovaldo? Todo está ben premeditado: o autor non quixo mostrar un traballador, unha empresa e unha cidade -non esta, esa ou aquel en particu...

    3,90 €

  • AVES DE PASO
    FONTE, RAMIRO
    Son dous relatos extensos: O peso das sombras e Lonxe, dúas novelas curtas, dúas historias de soedade, de dúas aves de paso, Diego Ferro e Clara Dardé, na procura dos seus orixes.Ramiro Fonte amosa nesta súa obra, un excelente dominio da lingua e do retrato psicolóxico dos personaxes. A través da creación de situacións, da preocupación polas relacións interpersonais e da atmósf...

    3,90 €

  • AIRES DA MIÑA TERRA
    CURROS ENRÍQUEZ, MANUEL
    Manuel Curros Enríquez (1851-1908) é a grande voz civil do XIX, figura sobranceira do Rexurdimento, e Aires da miña terra, publicado por primeira vez en 1880, un dos libros máis populares das nosas letras. A súa poesía directa, realista, case sempre ó servicio dunha causa, ?'castigo prós verdugos'' e ''consolo prós escravos'', acadou en vida grandes aplausos, pero tamén o anate...

    3,90 €

  • CARA A TIMES SQUARE
    GONSAR, CAMILO
    Camilo Gonsar, Camilo González Suárez-Llanos (Sarriá, 1931) foi un dos máis activos renovadores da novela e o relato na década dos 60, pertencente ó grupo da chamada ?'nova narrativa'', xunto con Méndez Ferrín, Rodríguez Mourullo, María Xosé Queizán, Carlos Casares, etc., e Cara a Times Square (1980) é un dos exemplos máis brillantes da súa recoñecida calidade literaria. Novela...

    3,90 €

  • Ó OUTRO LADO DO SUMIDOIRO
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Martiño Pedreira é un home xa vello, que vive só nunha grande cidade. Posúe unhas " gafas de realidade " , que lle permiten ver todas aquelas causas fermosas que o resto das persoas, abafadas polas présas e polo egoísmo, non son quen de ver. Ten un can amigo, Can sen Dono, que vive nun sumidoiro da cidade. Un día, Martiño Pedreira decide que non necesita as gafas, os seus ollo...

    3,90 €

  • A PRINCESA LÚA E O ENIGMA DE KIAN
    PALMIRA G. BOULLOSA
    A historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de Antela. Anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. Como os médicos din que só a salvará " o amor máis grande do mundo " , deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de Lúa. Pero a raíña morre, e a princesa q...

    3,90 €

  • MONDO E OUTRAS HISTORIAS
    LE CLÉZIO, JEAN-MARIE GUSTAVE
    En Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbad...), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías gracias a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Suxeridoras viaxes que nos levan a Barasali, Dahlar Kebir ou Hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas qu...

    3,90 €

  • DR. JEKYLL E MR. HYDE
    STEVENSON, ROBERT LOUIS
    É esta unha das máis precisas e preciosas novelas de terror que se teñen publicado. Apareceu por primeira vez o ano 1886, e relátano-los experimentos do Dr. Jekyll, home preocupado desde a mocidade pola dualidad e que a alma de cada ser humano contén, abalando sempre entre os principios do ben e o mal, e que el consegue " separar " en si mesmo por medio dunha pócima, dándolle...

    3,90 €


01 02 03 04 »