THE CORUNNA BOATS

2ª Mano

THE CORUNNA BOATS

DE TORO, XELÍS

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2004
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-104-9
Páginas:
136
Encuadernación:
Rústica

Cando Robin Donegan espertou en terras leonesas e viu aquela cantimplora do seu pai arredor do seu pescozo comprendeu que fora abandonado polo exército inglés de Sir John Moore que, perseguido polas tropas francesas, iniciaba a súa retirada camiño do porto da Coruña. Dende entón este afouto inglesiño de trece anos emprenderá unha longa viaxe na procura de "The Corunna boats" na que contará coa axuda, a protección e a amizade da familia do xitano Marcial. Unha viaxe na que coñecerá as penurias e os horrores daquela guerra da francesada, librada en Galicia hai case douscentos anos. e na que ao seu remate deberá escoller a rota que oriente a súa vida. Xelís de Toro ofrece unha novela de trasfondo histórico, de indubidable carácter iniciático, dirixida ao público xuvenil, onde se abordan os grandes temas e cuestións que interrogan aos mozos de todos os tempos: o amor, a amizade, a familia, o mellor camiño para dirixir a súa vida.

Artículos relacionados

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    NEGRO, CARLOS
    Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral do...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • O QUE NUNCA CHE CONTARON
    CANOSA BLANCO, MARIA / GOMEZ FERNANDEZ, ENRIQUE
    Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito ...

    3,90 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

Otros libros del autor