OS SOÑOS NA GAIOLA

2ª Mano

OS SOÑOS NA GAIOLA

MANUEL MARÍA

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2008
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-505-4
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En Diante
3,90 €
IVA incluido
Oferta

O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas.
De seguido, e baixo o epígrafe de " O mundo " , aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco da vella, o mar, o río e o vento. No poema " As cousas " falan as campás, o barco, o chifre, o muíño, o ourizo, a fouce, o bolo, o foguete, o carro, o tractor, o arado.
" Os homes, nenos e nenas " , é o título xenérico onde entran o labrego, o soñador, o afiador, a festa do patrón, os xogos, o lume novo, o pastor, a boneca, a roda-roda.
Por último, dous epígrafes dedicados ós animais: o año, a bolboreta, o caracol, a pita choca, a vaca, o burro, a lebre, o galo, o gato, o lobo, o grilo, o corvo, o merlo, o carrizo, o escribinte, as andoriñas, o pazpallar, o cuco, o pardal, as pegas.
Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que " son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco " . .

Artículos relacionados

  • TEÑO OITO ANOS E QUERO SER YOUTUBER
    BABARRO, XOÁN
    Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais. Queren ser youtubers! Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuber é algo máis que sorprendente… ...

    3,90 €

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • O QUE NUNCA CHE CONTARON
    CANOSA BLANCO, MARIA / GOMEZ FERNANDEZ, ENRIQUE
    Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito ...

    3,90 €

  • MURIEL
    CANOSA, MARÍA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...

    3,90 €