NON VOLVAS . FILLA DA MADRUGADA

2ª Mano

NON VOLVAS . FILLA DA MADRUGADA

FILLA DA MADRUGADA

DE TORO, SUSO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2000
Materia
Galego
ISBN:
978-84-8302-498-0
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Edición Literaria - Narrativa
3,90 €
IVA incluido
Oferta

A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios da súa orixe. A xustiza pola man. Camiños dun territorio que só existe no tempo do soño, do pesadelo; como Comala, como Yoknapatawpha, como Macondo. Unha viaxe cara atrás, á raíz dos nosos días, á nosa Historia colectiva oculta e á historia persoal dunha xinea de mulleres construídas a poder dunha linguaxe literaria que quere atrapar o tempo íntimo e o tempo épico. E que nos arrastra coa protagonista nunha viaxe ao fondo do noso corazón e da nosa memoria.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • A IRA DOS MANSOS
    ESTEBAN, MANUEL
    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magní...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €

  • O SEXO MASCULINO DOS ANXOS
    JANEIRO, MANUEL
    Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro. ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dific...

    3,90 €

  • SERVICIO DE URXENCIAS
    DE TORO, SUSO
    A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Ser...

    3,90 €