A SOMBRA CAZADORA

2ª Mano

A SOMBRA CAZADORA

DE TORO, SUSO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2009
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-7507-962-2
Páginas:
232
Encuadernación:
Rústica

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades».
Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como «unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller». A sombra cazadora será levada ó cine. Traducida ó castelán e ó portugués, así como a outras linguas europeas.

Artículos relacionados

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    COSTAS, LEDICIA
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...

    3,90 €

  • A CAZADORA DE ESTRELAS
    CANOSA, MARÍA
    Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu...

    3,90 €

  • AVIÓNS DE PAPEL
    ESTÉVEZ, XAVIER
    Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto,...

    3,90 €

  • DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes? ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • LAND ROVER
    DE TORO, SUSO
    En Land Rover, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unha obra singular, bicéfala, pechada en si mesma coma un círculo perfecto no que se inscriben a fábula e a historia, mito e realidade. Suso de Toro dálle a volta á historia bíblica da xénese e, agora, é Abel quen mata a Caín cunha chave inglesa. (José F. Ruíz Casanova, El O...

    3,90 €