2ª Mano
Manuel Fraga concreta nesta obra unha reflexión que trascende a práctica política para converterse nunha avanzada proposta teórica. Complementa os seus ensaios sobre autoidentificación ou administración única con temas como as relacións Galicia-Norte de Portugal ou a cooperación interrexional no proceso de unidade europea. Ó longo das páxinas, debulla conceptos como o galeguismo ou o federalismo dende a súa experiencia no goberno: da acción ó pensamento.