2ª Mano
Anaiansi, nome da protagonista, é unha novela feminista no amplo sentido da palabra. Sitúase na época actual e narra a vida dunha profesora de instituto que emprende a súa loita particular para saír do mundo abafante en que vive, cheo de amargura e imposicións. Cangas, Fisterra e unha cidade galega calquera serven de marco a unha acción na que Anaiansi toma conciencia da irreversible realidade que a levará a unha decisión insólita.