2ª Mano
Se Alicia no País das Maravillas, publicado por vez primeira o ano 1865, foi un conto longo para a nena amiga do autor, Alicia Liddell, A través do espello e o que Alicia atopou aló (1871) vén se-lo segundo " capítulo " , menos espontáneo e con máis dominio das técnicas narrativas e das formas de expresión, do que o reverendo Charles Dodgson (nome real de Lewis Carroll) deu en chamar " os libros de Alicia " .
Aínda que o autor deixou escrito: " ¡Moito temo que non quixese escribir nada máis que disparates, pura e simplemente! Pero despois de todo, sábese ben, o senso das palabras vai máis aló do que lle quixemos dar de xeito tal que un libro enteiro significa bastante máis do que pensaba o autor " , o certo é que el leva, sobre todo neste segundo libro, ata as últimas posibilidades as paradoxás lingüísticas e os xogos de palabras e fai que Alicia atravese o espello (tal vez por ve-la outra cara da realidade) cunha mente igual de curiosa que no primeiro, pero moito máis madura, e as reflexións, cavilacións, conversas e bromas teñen un ton máis metafísico e menos físico.