CATAPULTA

2ª Mano

CATAPULTA

ÁLVAREZ CÁCCAMO, ALFONSO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
1995
Materia
Galego
ISBN:
978-84-7507-928-8
Páginas:
112
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Catapulta, un libro de dez relatos cheos de humor desbordante que fai as ledicias de quen o le. Por Catapulta pasean eses protagonistas comúns, rutineiros, dos que tanto gusta o autor, que sempre teñen algo que dicir e que na maior parte dos casos nos sorprenden no momento máis inesperado do relato.

Alfonso Álvarez Cáccamo búrlase mesmo do oficio dos escritores en relatos como " Asesoría literaria " e " Priscilo sen medo " (un conto que acabará por sobrecoller ó lector), xogo do que tampouco deixa fuxir á crítica. O humor chega a ser o tema central de " Velocidade da luz " , relato fermoso e sorpresivo. En " Catapulta " , o relato que dá nome ó volume, Alfonso narra as peripecias de dous estudiantes que están a facer o exame de selectividade. Hai ademais outro novo factor, presente en moitos dos relatos, que constitúe un aliciente engadido para o lector: os finais sorpresivos (como acontece en " O inmenso sacerdote " ), que ás veces son cómicos pero outras deixan paso a un lóstrego de tensión de incerteza.

Todo un pracer, mergullarse neste dez novos relatos de Alfonso Álvarez Cáccamo, destas xentes de oficio, deste labirinto dos sorrisos e as sorpresas. Moi recomendable.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • ADIÓS MARÍA
    TORRES, XOHANA
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha da...

    3,90 €

  • XARDINEIRO DOS INGLESES,O (PREMIO GARCIA BARROS 2017)
    CALVEIRO, MARCOS
    Premio García Barros 2017 Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocu...

    3,90 €

  • A IRA DOS MANSOS
    ESTEBAN, MANUEL
    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magní...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • O ESPIRITO DE BROUSTENAC
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, ALFONSO
    O espírito de Broustenac é unha novela de misterio, a cabalo entre a novela gótica e a novela histórica, sendo a primeira que na nosa tradición literaria se enfronta coa disección da vida interior dunha congregación relixiosa, a do mosteiro de Oia. A trama, que se desenvolve nos días anteriores á desamortización de Mendizábal no mes de xullo de 1835, artéllase sobre o nacemento...

    3,90 €

  • XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, ALFONSO

    3,90 €