2ª Mano
Nunha vila moi pequena viven cinco amigas algareiras, que xa non saben qué facer para ocupar o tempo libre. A chegada á vila dunhas novas veciñas altera o seu mundo e, todas xuntas, descobren os ingredientes da amizade. ¡Non esquezas os seus nomes!