2ª Mano
Análise da creación artística, co obxectivo de aprender a percibir, entender e senti-la obra de arte. Cunha finalidade eminentemente didáctica, o libro analiza en profundidade tódolos elementos que compoñen as obras artísticas e forma ó lector para ter un criterio axeitado á hora de enfrontarse á crítica ou á simple contemplación dunha obra. Ensínanos a capta-la esencia de cada creación, chegar ó seu fondo a partir da análise dos seus compoñentes, e a través do coñecemento dos diferentes movementos pictóricos ó longo da historia da arte.