Libros de Editorial : EDITORIAL GALAXIA / Colección : Árbore

8 resultados

  • O MEU PESADELO FAVORITO
    MARÍA SOLAR
    Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo. ...

    3,90 €

  • BISA BEA, BISA BEL
    MACHADO, ANA MARÍA
    Unha desas hitorias doces que nos fan entender que a vida é un lugar marabilloso. Un libro moi divertido que trata, tamén, dunha nena moi especial. ...

    3,90 €

  • PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
    CASALDERREY FRAGA, XOSEFA
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que ...

    3,90 €

  • DAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE
    MARTÍN, PACO
    Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existencia é apracible, como lle corresponde a unha persoa da bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cousas. Das cousas que lle acontecen a Ramón Lamote e da súa particular maneira de entender o mundo trata esta novela. ...

    3,90 €

  • AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL
    CABANA, DARÍO XOHÁN
    Ás veces un non ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se chama, non terá m...

    3,90 €

  • A CHAVE DOS SOÑOS
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Este libro é unha colección de sete relatos para rapaces, que ofrecen a posibilidade dunha lectura aberta, na que cada un pode tirar as súas propias conclusións. Todos tratan de problemas reais, especialmente as dificultades que teñen os pequenso para viviren nun mundo feito polos maiores, sen pensar demasiado neles. O lector atopará aquí o diario do neno que busca falar con al...

    3,90 €

  • A PERLA
    STEINBECK, JOHN
    Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura deste século. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande como un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Desde entón, o propio Kino e a súa muller Juana e Coyotito, o fill...

    3,90 €

  • CALQUERA NOITE PODE SAÍ-LO SOL
    MICÓ, JOAQUIM
    Unha noite, de madrugada, Roberto Peña esperta sobresaltado porque alguén está petando con forza na porta do seu piso. Cando abre, atópase coa policía. A súa amiga Xema, loira e fermosa, despois de avisar na casa dos seus pais que ía ver a Roberto, desapareceu sen deixar rastro. Como consecuencia deste suceso inicial vanse precipitar unha serie de acontecementos relacionados co...

    3,90 €