ESCOLMA DE FAMILIA

2ª Mano

ESCOLMA DE FAMILIA

CEN ANOS DE POESÍA

V.V.A.A

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2000
Materia
Poesia en galego
ISBN:
978-84-8302-504-8
Páginas:
184
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Este é un libro peculiar: unha escolma da obra poética da dinastía dos Álvarez. Unha familia que, ao longo dos últimos cen anos, vén desenvolvendo un traballo literario que a converten, na familia literaria de noso por excelencia.

Cando no 1857 Emilio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra non puido sospeitar que, a partir do seu casamento con Amalia Limeses Iglesias, había instaurar unha longa e prolífica descendencia de escritores e, de persoas comprometidas coa entidade e a cultura de Galicia, producíndose un caso inusitado en calquera literatura: que poidamos comprobar, a través da sucesión dos compoñentes dunha mesma familia, a maior parte dos cambios estéticos que se foron producindo ao longo dun século. Como tamén o é o feito de que os distintos movementos vaian sucedéndose na presente escolma sen que, malia tratarse de voces e tempos distintos, deixe de producirse en ningún momento unha certa conexión de coincidencia con respecto a certos temas e actitudes.

Escolma de familia recolle, unha antoloxía da obra poética de tódolos membros desta dinastía desde Emilio Álvarez Giménez (1830- 1911), autor do poemario Humildes; do seu fillo, Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940), autor dos poemarios Margaritas, Versos Morales e Antre dous séculos, a primeira das obras en lingua galega desta dinastía; dos sobriños deste, Emilio Álavrez Blázquez (1919-1988), autor de Poemas de ti e de min, Romance del peón caminero e O tempo desancorado. Poemas para María Blázquez, a Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), seguramente a figura senlleira desta dinastía, autor dunha longa obra poética, fundador de Edicións Monterrei e Edicións Castrelos, que deixou a súa pegada en poemarios hoxe emblemáticos na lírica de noso como Roseira do teu mencer ou Canle segredo. Escolma de familia recolle as achádegas dos membros máis recentes da dinastía: Emilio Álvarez Negreira e dos irmás Álvarez Cáccamo, fillos de Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María, Alfonso e Celso.

Artículos relacionados

  • CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares Gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro grande paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia. Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes q...

    3,90 €

  • CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    La publicación en 1863 de Cantares gallegos de Rosalía de Castro supuso, en lo que a Galicia se refiere, la consagración de su literatura en lengua vernácula. La intención de la obra sobrepasa la finalidad puramente estética; es una apología de la tierra y la lengua gallegas. La autora, desde un Madrid falto de comprensión hacia lo regional, evoca su tierra, sus paisajes, su ge...

    3,90 €

  • PALIMPSESTO
    LOMBA ÁLVAREZ, AGOSTIÑO
    Desgarrador testamento poético do recentemente falecido Agostiño Lomba. A súa sensibilidade e a extremosidade dos sentimentos traslucense ao longo desta xeira de pequenos e descarnados poemas-aforismos.O libro, publicado de modo póstumo pola mesma editorial e na mesma colección na que traballaba, da conta do seu sufrimento nun mundo no que non acaba de achar acougo. Un mundo on...

    3,90 €

  • FAR-WEST
    CARLOS NEGRO
    Territorio de choque entre o mito e a chatarra, millo e motos, uces irtas, ceos de uralita, xa non máis Arcadias nin Utopías. Só o Far-west. Unha fronteira mestiza que nos cruza as entrañas. ...

    3,90 €

  • ESCOLMA DE FAMILIA
    V.V.A.A
    Este é un libro peculiar: unha escolma da obra poética da dinastía dos Álvarez. Unha familia que, ao longo dos últimos cen anos, vén desenvolvendo un traballo literario que a converten, na familia literaria de noso por excelencia. Cando no 1857 Emilio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra non puido sospeitar que, a partir do seu casamento con Amalia Limeses Iglesias, había instau...

    3,90 €

  • AS GALIÑAS DE VENTO
    GÜNTER GRASS
    o «poeta de circunstancias»¡ como el mesmo se define, móstrase nesta antoloxía como un xenio da palabra: transgresor, obxectivista e prosaico, irrenunciablemente seu e vangardista, renacendo no diálogo co seu tempo ...

    3,90 €

Otros libros del autor