LIBROS DE SEGUNDA MÁN EN LINGUA GALEGA

Na nosa libraría online en galego  atoparás libros de segunda man en perfecto estado: narrativa, poesía, ensaio, literatura infantil e moito máis. Ofrecémosche prezos accesibles, envío rápido e un servizo cercano, para que poidas gozar das túas lecturas favoritas na túa lingua.

Narrativa en galego

Ver mais narrativa...

  • CÓDIGO MORSE
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Nesta novela, Xavier Alcalá adéntrase con habelencia e eficacia de gran narrador nun relato de vida de pazo e aventuras polo mundo, de guerra e posguerra, de mudanzas sociais ata chegar case ao presente. Cambios sociais que fixeron abalar aquel universo aparentemente tranquilo da vida de pazo. O seu protagonista, un físico que só cre no que se pode formular e medir, conta unha ...

    3,90 €

  • ABRIL
    LUZ DARRIBA

    3,90 €

  • OS OUTROS FEIRANTES
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez. ...

    3,90 €

  • DON QUIXOTE (VOL I)
    CERVANTES SAAVEDRA, MIGUEL DE

    3,90 €

  • VINTE MIL LEGUAS BAIXO OS MARES
    VERNE, JULES

    3,90 €

  • ANTOLOXÍA DO CONTO GALEGO DO SÉCULO XX
    ALONSO GIRGADO, LUIS
    Esta Antoloxía pretende ser unha panorámica do conto literario ao longo do século XX, desde a Xeración Nós aos escritores que comezaron a publicar durante os últimos anos do franquismo. Un período fundamental no que o conto galego acadou gran variedade de temas e unha extraordinaria e singular riqueza expresiva. ...

    3,90 €

Literatura infantil e xuvenil

Mais libros xuveniles...

  • BOY (GLLEGO)
    ROALD DHL

    3,90 €

  • O BOSQUE ANIMADO
    FERNÁNDEZ FLÓREZ, WENCESLAO
    O bosque animado é o libro da Fraga de Cecebre, preto da Coruña. Nel latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común da xente inadvertido, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da fraga, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega. Este libro é unha invitación afervoada a descubrírmo-lo r...

    3,90 €

  • CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
    DOCAMPO, XABIER P.
    Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamab...

    3,90 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...

    3,90 €

  • AS FLORES RADIOACTIVAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada...

    3,90 €

  • HISTORIA INVISIBLE DO BICO SIMÓN
    RUIZ, DOLORES

    3,90 €

Librería en Galego: os Mellores Libros en Galego e Literatura Xuvenil

En Trotalibros Low Cost, estamos comprometidos coa promoción da cultura e lingua galega. Na nosa Libraría en Galego, atoparás unha ampla selección de libros en galego de segunda man, dende clásicos imprescindibles ata novidades en literatura xuvenil e poesía contemporánea.

Libros para todos os gustos… e para todos os petos

A nosa colección inclúe narrativa contemporánea, poesía, ensaio, contos infantís e moito máis. Cada exemplar está escollido con coidado para garantir calidade literaria, variedade e un prezo accesible.

Literatura xuvenil en galego

Contamos cunha sección especial de literatura xuvenil galega, perfecta para que os máis novos descubran historias emocionantes que lles axuden a coñecer mellor a súa lingua e cultura. Con títulos pensados para entreter e educar, a lectura convértese nunha aventura inesquecible.

Poesía en galego

Se es amante dos versos, tamén atoparás unha coidada selección de poesía galega, dende autores clásicos como Rosalía de Castro ou Manuel María ata novas voces da lírica actual. Un espazo para emocionarse, reflexionar e sentir o poder da palabra na nosa lingua.

Unha aposta pola lectura sostible

Ao escoller libros en galego de segunda man, estás contribuíndo a un consumo máis responsable e á difusión do noso patrimonio cultural. Cada libro ten unha nova vida, e ti participas dese ciclo.

Se buscas apoiar a literatura galega ou atopar ese título que sempre quixeches ler, aquí atoparás o que precisas. E se tes dúbidas, podes contactarnos cando queiras: atenderémoste encantados.

Consulta tamén outras seccións da nosa web, como novela de suspense, novela histórica, novela románticacuentos para dormir e moito máis.