XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

2ª Mano

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

BIOGRAFÍA INTELECTUAL

ALONSO MONTERO, XESÚS

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2015
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-833-5
Páginas:
296
Encuadernación:
Rústica

É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel...
Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro...). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935.
A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.

Artículos relacionados

  • SHANGHAI A BARCELONA
    CASTRO MOURE, AMADOR
    Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. "Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especi...

    3,90 €

  • O GRUPO
    ALFAYA, AN
    Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello do...

    3,90 €

  • O CAMIÑO DA ESTADEA
    CARIDE, RAMÓN
    Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento g...

    3,90 €

  • COUSAS. EDICIÓN ESPECIAL OS QUINQUILLÁNS
    CASTELAO, ALFONSO
    Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castealo, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto. ...

    3,90 €

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMAN
    Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu da...

    3,90 €

  • PALABRAS ENVELENADAS: PREMIO EDEBÉ DE LIT. XUVENIL
    CARRANZA GIL DOLZ DE CASTELLAR, MAITE
    ¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable. Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga. Palabras envelenadas é unha crónica d...

    3,90 €

Otros libros del autor