XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE

2ª Mano

XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE

GUERRA, MAR

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2011
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9914-189-3
Páginas:
168
Encuadernación:
Otros

A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa linguaxe e o humor, esta novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008, ilustrada por Fernando Llorente, foi definida polo xurado como " un trhiller psicolóxico " que desenvolve unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar. Unha viaxe fascinante ao mundo dos nenos e nenas de hoxe.

Artículos relacionados

  • OS ECOS DO LUME
    FARIÑA, ANXO
    Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descub...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • STREET POEMS
    ALONSO, FRAN
    Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da " street art " . Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • CORAZÓN DE CHOCOLATE . UN MISTERIO PARA TINTIMÁN EN COMPOSTELA
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade X...

    3,90 €

  • MURIEL
    CANOSA, MARÍA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • XENARO E A HUCHA DO INDIANO
    GUERRA, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o d...

    3,90 €