VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

2ª Mano

VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

L. BERNÁRDEZ, CARLOS

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2008
Sección
Galego
ISBN:
978-84-9865-053-2
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Letras Galegas

Nun único volume que condensa as distintas e ricas facetas da súa obra literaria e as relaciona coa súa biografía, este libro é unha áxil e rigorosa introdución á figura e aos textos do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008. Narrativa, poesía e artigos de xornal aparecen estreitamente vencellados ao seu labor como editor e estudoso da literatura. O seu autor, Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e ensaísta dedicado a temas literarios e artísticos. Entre as súas publicacións cómpre salientar traballos sobre Lorenzo Varela, Manuel Antonio ou Ramón Cabanillas. Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador e editor. Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949); Roseira do teu mencer (1950); Cancioeiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador en galego é autor dos contos de Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). Foi fundador das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos anos do franquismo. Alén diso, cómpre salientar o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos.

Artículos relacionados

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • DOS ARQUIVOS DO TRASNO
    DIESTE, RAFAEL
    Desde aquela data, o libro non cesou de medrar na consideración dos lectores e da crítica. Con el, a arte do conto acada modernidade para amosar as pegadas do imaxinario galego cunha brillantez inusitada. Un mundo narrativo no que o misterioso e o extraordinario se mestura de xeito indisoluble co popular e cotián. A obra literaria de Dieste fai lostregar a realidade cunha luz q...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • QUINTANA VIVA
    FILGUEIRA VALVERDE, XOSÉ
    Escritos ao longo de medio século, os relatos deste libro inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de Castelao nas que o autor de Adral reflicte o seu xeito de contemplar o vivir galego. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral. ...

    3,90 €