¡VAICHE BOA!

2ª Mano

¡VAICHE BOA!

JENNINGS, PAUL

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2004
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8288-717-3
Páginas:
180
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Árbore a partir de 12 anos

Este libro, que no 2004 volve a aparecer no prelo de Galaxia, xa ten demostrado que sabe facer lectores, e que os lectores gozan cos relatos que contén ata o punto de pediren máis. Os medos da infancia, todos os interrogantes que caben na cabeza dun rapaz, as teimas do adultos, as pequenas incapacidades, os primeiros fracasos configuran, neste volume, un conxunto ben aderezado co humorismo e a axilidade narrativa que son característicos na obra do autor, o inglés afincado en Australia, Paul Jennings. O volume conta coas magníficas ilustracións de Kiko da Silva, que nos agasalla nesta edición cunha soberbia ilustración de cuberta realizada en técnica tridimensional.

Artículos relacionados

  • OS ECOS DO LUME
    FARIÑA, ANXO
    Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descub...

    3,90 €

  • MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MISA, IRIA
    Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo...

    3,90 €

  • OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
    FARIÑA, ANXO
    O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba un...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

  • CORAZÓN DE CHOCOLATE . UN MISTERIO PARA TINTIMÁN EN COMPOSTELA
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade X...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €