TEMPO DE CREPÚSCULO

2ª Mano

TEMPO DE CREPÚSCULO

FERNÁNDEZ NAVAL, FRANCISCO X.

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
1993
Materia
Galego
ISBN:
978-84-7507-732-1
Páginas:
169
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

A vida dun funcionario gris cambia brutalmente a consecuencia da explosión dun paquete bomba que o deixa cego e paralítico. A partir desta circunstancia, Fernández Naval propón unha viaxe polas gándaras da memoria, proceso no que se mestura a recuperación do pasado para seguir vivindo, e mais a procura dunha frase, un aceno, unha pegada no recordo, que lle permita saber ó protagonista quen e por que decidiu atentar contra el.
A novela transcorre así en vintesete capítulos, nove días nos que o protagonista vai refacendo vellas vivencias e sensacións -o amor imposible cunha compañeira de traballo, o ambiente malsán na oficina, a infancia nunca esquecida-, e ó tempo modificando o seu xeito de pensar e a súa percepción da realidade. Unha única paisaxe, a da habitación que xa non pode ver, salferida das outras moitas paisaxes que aínda lembra, o quentor do sol, as infusións da monxa que o deita, os ruídos que lle chegan do exterior e do propio edificio no que habita, constitúen a totalidade de estímulos que percibe; e logo está o medo, representado na constancia dunha chamada anónima que conturba a casa cada madrugada.
A voz do protagonista e a do narrador mestúranse con frecuencia ó longo dos capítulos. O monólogo interior, só ás veces interrompido por breves e intencionados diálogos, é a base do discurso.
Tempo de crepúsculo, título dunha vella canción dos Platers vencellada ó pasado do protagonista, pretende principalmente contar unha historia e ó tempo conectar co que de esencial e orixinario ten a novela, o EU, o individuo como eixo e fin da narración.
Hai unha certa homenaxe á Ventana indiscreta de Alfred Hitchcock, só que aquí a
fiestra non se abre ó exterior, mira para adentro, ó cerne mesmo do protagonista, ó lugar de onde provén a fortaleza que nos salva e a debilidade que nos vence.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMAN
    Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu da...

    3,90 €

  • A BOCA DO MONTE
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis q...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • TES ATA AS 10
    CASTRO, FRANCISCO
    Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendente...

    3,90 €

Otros libros del autor