TALEGO

2ª Mano

TALEGO

BALLESTEROS, XOSÉ

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
1993
Sección
Galego
ISBN:
978-84-7507-770-3
Páginas:
158
Encuadernación:
Bolsillo
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Talego é unha novela que se desenvolve arredor do mundo das drogas e que pon en cuestión a imparcialidade do sistema xudicial.

Cunha trama magníficamente construída, a novela consta de dúas partes. Na primeira desenvólvense os feitos que conducen á segunda, narrados cun estilo áxil e compacto en torno ó mundo da delincuencia. Na segunda parte a palabra poética cobra protagonismo, e a acción desenvólvese no cárcere, que é maxistralmente presentado desde dentro. Polas páxinas de Talego, e narrado nun rico argot carcerario, desfilan delincuentes, camellos, heroinómanos, presos, o mundo da cadea, as comisarías, os xulgados, e uns protagonistas que ven devalar as súas vidas ilusionadas e comprometidas dos anos 70 desde detrás das rellas dos cárceres dos 80.

Talego, que afonda nunha visión urbana feroz e fermosamente brutal, descende a mundos sórdidos, grises e truculentos cunha linguaxe precisa, metálica e ferinte que non se esquece da poesía e que engaiola ó lector desde a primeira á última páxina.

A novela, que ten o mérito de tirar infatigablemente do lector, tamén acerta no final e convirte a Xosé Ballesteros nun dos narradores novos máis interesantes da actualidade.

Artículos relacionados

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMAN
    Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu da...

    3,90 €

  • A OSCURA LUZ DO TIBER
    Mª DOLORES GONZÁLEZ LORENZO
    Cos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón como marco de fondo, unha mociña chamada Marcia vainos ir relatando os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, o amor da súa vida. Pero antes diso, experimentará tamén a traizón e o odio ata chegar ao ...

    3,90 €

  • ANIMALIÑOS
    BORRAJO , MONCHO
    O humor atópase neste libro da man de Moncho Borrajo demostrando que tamén se pode facer humor en galego. Tratánse de máis de cen chistes gráficos sobre animaliños que falan entre sí, pensan, enamóranse, senten envexa dos outros animais, queixánse dos humanos e, ás veces, critícannos. Atópanse nas súas viñetas comentarios cariñosos e, algunha vez, cabreo ante a impotencia da sú...

    3,90 €

  • ASÍ NACEN AS BALEAS
    SUMAI, ANXOS
    Así nacen as baleas conta a historia dunha liberación e, ao tempo, a viaxe de volta dunha muller nova á casa, á familia e ao pasado. Sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e vivencias estouran a través dunha linguaxe renacida, cunha maneira de narrar que descobre o mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente. ...

    3,90 €