SOÑOS DE MAR

2ª Mano

SOÑOS DE MAR

RIVADULLA CORCÓN, X. H.

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2014
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9914-631-7
Páginas:
120
Encuadernación:
Otros
Colección:
Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante

Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa.
A Lola gustaríalle saber se o trobador acabou o poema algunha vez; e se foi así, como acaba. Alex, para gañar o amor de Lola, seguindo os consellos do seu avó, que está morto pero vén visitalo nos soños, vai intentar descubrir se Martiño da Grixa rematou o poema, e para conseguilo terá que enfrontarse a algún monstro mariño.
Unha aventura inspirada pola lírica medieval galega e pola cultura mariñeira.

Artículos relacionados

  • OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
    FARIÑA, ANXO
    O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba un...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

  • CORAZÓN DE CHOCOLATE . UN MISTERIO PARA TINTIMÁN EN COMPOSTELA
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade X...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

  • FORMIGAS. MISIÓN PARÍS. FORMIG4S
    TOBARUELA, PERE
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión París”, leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise. Alí hai unha escena do crime sen cadáver. A vixilante do enorme e labiríntico cemiterio par...

    3,90 €

  • PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamé...

    3,90 €