RÚA CARBÓN

2ª Mano

RÚA CARBÓN

ALEIXANDRE, MARILAR

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2008
Sección
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-335-7
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi coma ela mesma, militante de ETA político-militar e morreu, antes que Paula nacera, cando colocaba un coche bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desennovelar. Velaí o comezo da trama argumental de Rúa Carbón, a novela na que Marilar Aleixandre propón a procura do pai como eixo do problemático tránsito dunha adolescente á madurez. Unha narración valente, onde o conflito político vasco funciona como teón de fondo, sobre a procura complexa das identidades individuais e colectivas.

Artículos relacionados

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...

    3,90 €

  • MURIEL
    CANOSA, MARÍA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...

    3,90 €

  • CONTASALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. " Cont...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • A CABEZA DE MEDUSA
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...

    3,90 €

  • A BANDA SEN FUTURO
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conver...

    3,90 €

  • A EXPEDICION DO PACIFICO
    ALEIXANDRE, MARILAR
    A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo c...

    3,90 €

  • O CHÁPIRO VERDE
    ALEIXANDRE, MARILAR
    ¿Pódese vivir sen soñar? O malvado Devorador de Soños non vai poder seguir facendo falcatruadas porque, gracias á axuda do chápiro verde, Fa, unha rapaza imaxinativa e valente, consegue chegar ata o máis recóndito do bosque e liberar o lagarto de dous rabos... E todo porque un día á avoa se lle queimou a tixola e mencionou o estraño trasguiño. ...

    3,90 €

  • A COMPAÑÍA CLANDESTINA DE CONTRAPUBLICIDADE
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa, 1998Unha aventura urbana e actual coa publicidade como arma contra o poder.Unha chamativa campaña de contrapublicidade que ten como obxectivos bancos e empresas de todo tipo esténdese pola cidade. Dous xornalistas deben averiguar quén está detrás da Compañía Clandestina de Contrapublicidade e cáles son as súas pretensións. ...

    3,90 €