PODEROSA

2ª Mano

PODEROSA

DIARIO DUNHA RAPAZA QUE TIÑA O MUNDO NA MAN

KLEIN, SÉRGIO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2009
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-823-9
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora.
Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.
Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

Artículos relacionados

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...

    3,90 €

  • AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
    COSTAS, LEDICIA
    Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan...

    3,90 €

  • KIBUKO
    ESTEVEZ FERREIRO, JAVIER
    Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan? ...

    3,90 €

  • AVIÓNS DE PAPEL
    ESTÉVEZ, XAVIER
    Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto,...

    3,90 €

  • E XOEL APRENDEU A VOAR
    CAMPO DOMINGUEZ, Mª PILAR
    Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio do Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira o noso protagonista. Fabio, Daniel e Sara, os seus compañeiros de andainas. Don Santiago, o avó que convive cos remorsos dunha gran mentira. Todos eles e algúns personaxes máis conseguen manternos en suspe...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • PODEROSA 2 . DIARIO DUNHA RAPAZA QUE TIÑA O MUNDO NA MAN
    KLEIN, SÉRGIO
    Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario. Neste segundo título da serie, Sérgio K...

    3,90 €