O SOÑO SULAGADO

2ª Mano

O SOÑO SULAGADO

FERREIRO, CELSO EMILIO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
1991
Materia
Poesia en galego
ISBN:
978-84-7507-600-3
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Edición Literaria - Biblioteca Das Letras Galegas
3,90 €
IVA incluido
Oferta

O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, no azul dos horizontes) conxúgase cos degaros de liberdade, coa ansia por transformar un presente esquivo e hostil.
Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) é membro destacado da máis recente xeración da poesía galega. A súa análise está feita desde o rigor e desde o traballo serio e continuado, pero tamén desde o diálogo entre poetas: imprescindible para dar coas verdadeiras dimensións da sensibilidade.

Artículos relacionados

  • PEL DE MULLER
    ASUN ESTÉVEZ ESTÉVEZ
    Despois dalgúns anos, Ir Indo Edicións recupera a súa liña poética dando voz a unha nova creadora, Asun Estévez. Nos versos desta voz feminina, cheos de referencias aos distintos elementos da natureza, como o mar, a auga, o vento ou a chuvia, tamén está presente o “eu” poético, que acariña a presenza do amor personificado no tempo, na noite ou no silencio. A loita da alma por a...

    3,90 €

  • CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares Gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro grande paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia. Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes q...

    3,90 €

  • ESCOLMA DE POEMAS
    RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, ELADIO
    A poesía de Eladio Rodríguez González (1864-1949) viuse escurecida pola magnitude do seu labor como autor do Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Para Xesús Alonso Montero, responsable desta edición, a súa obra lírica está impregnada de emoción e dignidade literaria. Alonso Montero fai un achegamento á vida e a obra do autor dos poemas para continuar cunha selección da...

    3,90 €

  • ESCOLMA DE FAMILIA
    V.V.A.A
    Este é un libro peculiar: unha escolma da obra poética da dinastía dos Álvarez. Unha familia que, ao longo dos últimos cen anos, vén desenvolvendo un traballo literario que a converten, na familia literaria de noso por excelencia. Cando no 1857 Emilio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra non puido sospeitar que, a partir do seu casamento con Amalia Limeses Iglesias, había instau...

    3,90 €

  • PALABRAS ENVOLTAS EN CANCIÓNS
    ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
    Este é un libro homenaxe, un libro xogo, un libro xoia. Partindo das letras de vinte cancións coñecidas de grupos como os Rolling Stones, The Doors, Oasis, Queen, e cantantes de culto como Bob Marley, Bob Dylan, Lou Reed, Alanis Morissette, David Bowie , vemos cómo se constrúe un espazo entre a música e a literatura no que resoa a paixón pola palabra, envolta en cancións. Deixá...

    3,90 €

  • CADERNO DE FUME
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Nestas follas, palabra e fume veñen ser o mesmo: divirten, provocan, deixan olor e, se ti queres, permítenche imaxinar que estás a escribir o teu fermoso caderno de fume. ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • ANTOLOXÍA
    FERREIRO, CELSO EMILIO
    Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é unha das voces máis poderosas, eficaces e emocionantes da nosa poesía contemporánea. Os seus libros acadaron grande sona dentro e fora de Galicia, crónica apaixoada dun tempo difícil e, sen embargo, cheo de esperanza. O soño sulagado (1954), Longa noite de pedra (1962), Viaxe ao país dos ananos (1968) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975) ...

    3,90 €