O REI DOS AMENEIROS

2ª Mano

O REI DOS AMENEIROS

RODRÍGUEZ BAIXERAS, ANTONIO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
1987
Materia
Galego
ISBN:
978-84-7507-274-6
Páginas:
275
Encuadernación:
Rústica
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Edicións Xerais de Galicia vén de publicar unha nova opera prima, a novela O rei dos Ameneiros, de Antonio Rodríguez Baixeras (Ribadeo, 1950). Nela aparece un breve período (o tempo que vai desde febreiro ata o fin do verán de 1911) da historia da casa grande de Lagares, na Mariña luguesa, e as súas relacións sociais e económicas co medio rural e vilego, mesmo con outros lugares non galegos. O mesmo tempo, relátanse os tamén breves, aínda que decisivos, días dun tal Pulpeiro, comerciante, de ideoloxía e con afáns ``rexeneracionistas´´ retirado á aldea coa súa filla Rosa e que entra en contacto cos señores de Lagares, Dona Clara e o seu fillo Gonzalo, e mais con outros personaxes tamén significativos no relato: labregos, caseiros, administradores, banqueiros, burgueses liberais e conservadores ou, simplemente, tolos ou vadíos. Trátase, en xeral, dun panorama desa sociedade da época a partir dunha documentada análise dos condicionamentos que posibilitaron (e posibilitan) a parálise da nosa sociedade e mais a frustración, en moitos
casos, do desexo de mudanza, ou, cando menos, de reforma.
Escrita cunha técnica marcadamente realista ó servicio duna procura de ``sensación de verdade´´, de mundo vivido e asimilado, dá tamén cabida a certos elementos fantásticos que a propia realidade crea, isto é, que poden acontecer de verdade, ou ben, que poderían provir das fantasías ou devaneos dos mesmos personaxes. Calquera que sexa o valor que o lector lles conceda, parece indubidable, en xeral, o seu carácter alegórico, en coherente relación co simbolismo de certos obxectos, como son " as cartas " , a palabra que inicia a novela e que, finalmente, acabará sendo definitiva protagonista da mesma: miles de cartas, a maioria perdidas ou estériles, enchen estas páxinas, escritas con estilo dunha feitura clásica, non acrentes de humor.

Artículos relacionados

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • COUSAS. EDICIÓN ESPECIAL OS QUINQUILLÁNS
    CASTELAO, ALFONSO
    Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castealo, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto. ...

    3,90 €

  • LIBRO DE HORAS
    MURADO, MIGUEL ANXO
    Un dobre do rei de Marrocos, Hong Kong nos últimos días de control británico, unha alfombra que conta un xenocidio... ...

    3,90 €

  • O ACHADO DO CASTRO
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e...

    3,90 €

  • A NOITE DA RAIÑA BERENGELA
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Na catedral de Santiago una raíña dorme o seu sono de pedra. Unha noite no ano, cando o ceo de Compostela se enche de luces, a raíña Berenguela acorda e percorre a cidade para contaxiar súa beleza a todas as mulleres que atopa no seu camiño. ...

    3,90 €

  • A PERLA
    STEINBECK, JOHN
    Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, va...

    3,90 €