O HOME É UN GRANDE FAISÁN NO MUNDO

2ª Mano

O HOME É UN GRANDE FAISÁN NO MUNDO

MÜLLER, HERTA

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Galego
ISBN:
978-84-8302-642-7
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
3,90 €
IVA incluido
Oferta

O home é un grande faisán no mundo publicouse en 1986. O título é un refrán romeno que traslada a imaxe da torpeza do faisán, impedido de voar verdadeiramente, á torpeza e desgracia do home. Balada da espera dunha familia alemna nacida no Bánát, durante a dictadura de Nicolae Ceaucescu que desexa emigrar a Alemaña, onde estaban as súas orixes, a espera contando os anos e os días para obter o pasaporte que os leve á terra prometida. A marcha vaise converter no devalar do relato na necesidade dunha fuxida.

O lector ou lectora pode realizar unha boa travesía por esta fermosa novela, disposta en cadros pequeneiros de prosa poética que se van ensarillando uns nos outros e van mostrando a complicada urdime da vida dunha aldea de Romanía.Ferinte prosa poética, por esta paisaxe adversa e abafante, poboada por animais e vexetais que nos transmiten crenzas populares, que nos avisan daquilo que vén herdado dende hai moito tempo. Unha boa travesía a través deses seres que son como o faisán no mundo, sufridores dos golpes da vida, sobrevivintes coa violencia.

Artículos relacionados

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

  • IRMÁN DO VENTO
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    "Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de re...

    3,90 €

  • ÁMOTE
    CANEIRO, XOSÉ CARLOS
    Para espantar a tristeza, un periodista misántropo, bebedor, hipocondríaco e desequilibrado crea o seu amor ideal: a incerta dama dos ollos verdes. Historia dunha paixón desesperada, Ámote está escrito cunha prosa envolvente, atenta aos sentimentos e de forte poder evocador. Xosé Carlos Caneiro introdúcenos nun universo narrativo elaborado desde a emoción da palabra e o triunfo...

    3,90 €

  • IMÁN FISTERRA (CADERNOS DA COSTA DA MORTE)
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    A chuvia anda a catro patas e o viaxeiro percorre a Costa da Morte fuxindo de si mesmo. Daquela, a certeza de que deste territorio está a desaparecer un xeito de vida que se corresponde cun século anterior anima a Rei Núñez á escrita destas páxinas, que remexen conversas cos habitantes do confín, impresións viaxeiras e mesmo apuntamentos de patriota dese anaco do mapa. Este lib...

    3,90 €

  • INDIGNÁDEVOS!
    HESSEL, STÉPHANE

    3,90 €

  • ANAGNÓRISE
    MORENO MÁRQUEZ, MARÍA VICTORIA

    3,90 €