O CANTO DOS PEIXES

2ª Mano

O CANTO DOS PEIXES

CALVEIRO, MARCOS

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
S.M.
Año de edición:
2009
Sección
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9854-144-1
Páginas:
101
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Barco de Vapor Roja
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Nun tempo no que a ninguén semella importarlle a sorte do mar, por mor do desapiadado progreso, Ismael, un vello mariño, refúxiase da soidade no seu benquerido embarcadoiro de pedra. Nel debbulla as súas lembranzas e coñecementos para Xacobe, un neno agoniado polas dificultades que arrodean a súa vida. Só a fermosa relación de complicidade que nace entre eles, será quen de facer volver o mar e, con el, a esperanza nun futuro mellor no que se escoite de novo o canto dos peixes

Artículos relacionados

  • A TARTARUGA AMODOVOU
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso...

    3,90 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    ALONSO DIZ, MIGUEL ÁNGEL
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...

    3,90 €

  • FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...

    3,90 €

  • MURIEL
    CANOSA, MARÍA
    A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era ...

    3,90 €

  • CONTASALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. " Cont...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamé...

    3,90 €

  • O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
    CALVEIRO, MARCOS
    Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os...

    3,90 €