O BOSQUE ANIMADO

2ª Mano

O BOSQUE ANIMADO

FERNÁNDEZ FLÓREZ, WENCESLAO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2009
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-021-6
Páginas:
304
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Infantil E Xuvenil - Xabarín - Xabaril
3,90 €
IVA incluido
Oferta

O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc. Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas.

Nesta novela fantástica latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común da xente, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da Fraga de Cecebre, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega. Esta tradución galega dunhas das novelas principais de Fernández Flórez, preparada por Xela Arias e agora completamente actualizada e revisada, constitúe unha invitación afervoada a descubrirmos o rico mundo de noso.

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • A BOCA DO MONTE
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis q...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

  • A ILLA DO TESOURO
    STEVENSON, ROBERT LOUIS
    Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos auto...

    3,90 €

Otros libros del autor