NO CORAZÓN DO BOSQUE

2ª Mano

NO CORAZÓN DO BOSQUE

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2007
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-749-3
Páginas:
144
Encuadernación:
Otros
Colección:
Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 8 Anos En

Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi bos amigos. Nas festas de nadal, Derdrín disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben.
No corazón do bosque, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos, aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese para os lectores de oito anos en diante. A convivencia dentro da familia, os conflitos dentro da aula, os problemas económicos, a amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro está constituído, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan característico do mundo mítico galego (e tamén do peninsular e europeo) como é o trasno.

Artículos relacionados

  • 48 HORAS
    PANIAGUA POUSA, CÁNDIDO
    Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais...

    3,90 €

  • MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MISA, IRIA
    Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo...

    3,90 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • A SEÑORITA BUBBLE
    COSTAS, LEDICIA
    A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en rea...

    3,90 €

  • CONTASALDADA
    DE TORO, SUSO
    Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. " Cont...

    3,90 €

  • KIBUKO
    ESTEVEZ FERREIRO, JAVIER
    Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan? ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • LA ESCUELA DE LOS PIRATAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    De repente, se escuchó un ruido sordo. Un sonido grave, profundo y prolongado, que consiguió imponerse al estrépito de la lluvia. Y los niños se miraron los unos a los otros, con caras de sorpresa e inquietud... ...

    3,90 €

  • AIRE NEGRO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa p...

    3,90 €

  • O CENTRO DO LABIRINTO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David. A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o de...

    3,90 €

  • CONTOS POR PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunh...

    3,90 €

  • A PRAIA DA ESPERANZA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. A praia da esperanza é unha narración esc...

    3,90 €

  • O CENTRO DO LABIRINTO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da pob...

    3,90 €