MORNING STAR

2ª Mano

MORNING STAR

MIRANDA, XOSÉ

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2007
Materia
Galego
ISBN:
978-84-8302-330-3
Páginas:
272
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Edición Literaria - Narrativa

Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.
Morning Star foi definida por Xosé Luis Barreiro Rivas, un dos membros do xurado de lectores do Premio Xerais 1999 como "unha novela que gosta sen adovíos, que resulta agradable de ler, que retén a atención de principio a fin, e narra historias e aventuras como todos sabemos".

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • A ARTE DE TROBAR
    LOPO, SANTIAGO
    No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice ocu...

    3,90 €

  • RECINTO GRIS
    COSTAS, LEDICIA
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes,...

    3,90 €

  • O SEXO MASCULINO DOS ANXOS
    JANEIRO, MANUEL
    Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro. ...

    3,90 €

  • VALENTÍN PAZ ANDRADE
    CHARO PORTELA YÁÑEZ
    Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido pola vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012 e pola súa inmensa obra. Xornalista e poeta, home de leis e político, economista, empresario, e persoa vencellada á política galeguista, Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1899 Vigo, 1987) foi un loitador incansable cunha única tarefa: servir a ...

    3,90 €

  • 2044
    SANTIAGO SOTO, EDUARDO
    Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo? de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonis...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA
    MIRANDA, XOSÉ
    Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que ...

    3,90 €

  • AS MANS DO MEDO
    MIRANDA, XOSÉ
    Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemite...

    3,90 €

  • PEL DE LOBO
    MIRANDA, XOSÉ
    Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha...

    3,90 €

  • ÁLVARO E ÁLVARO
    MIRANDA, XOSÉ
    Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Álvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que ...

    3,90 €

  • ARIADNA
    MIRANDA, XOSÉ
    Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse ...

    3,90 €

  • PIEL DE LOBO
    MIRANDA, XOSÉ

    3,90 €