MALES DE CABEZA

2ª Mano

MALES DE CABEZA

ALONSO, FRAN

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Galego
ISBN:
978-84-8302-546-8
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Edición Literaria - Narrativa
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Males de cabeza, a nova obra narrativa de Fran Alonso, reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia.
En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.
INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.

Artículos relacionados

  • A TRAVÉS DO FUME
    PIÑEIRO, ANTONIO
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017 Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe. A viaxe interior, a viaxe do...

    3,90 €

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • VOZ INSURRECTA,A. M? VICTORIA MORENO,ENTRE A LIT. A A VIDA
    PENA PRESAS, MONTSE
    Escritora, profesora, conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unh...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • COUSAS. EDICIÓN ESPECIAL OS QUINQUILLÁNS
    CASTELAO, ALFONSO
    Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castealo, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto. ...

    3,90 €

  • QUINTANA VIVA
    FILGUEIRA VALVERDE, XOSÉ
    Escritos ao longo de medio século, os relatos deste libro inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de Castelao nas que o autor de Adral reflicte o seu xeito de contemplar o vivir galego. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral. ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • A PUNTA DE PISTOLA
    ALONSO, FRAN
    A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida. Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a...

    3,90 €

  • O MEU GATO É UN POETA
    ALONSO, FRAN
    O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música...

    3,90 €

  • MALES DE CABEZA
    ALONSO, FRAN

    3,90 €