MADEIRA DE ZAPATERO

2ª Mano

MADEIRA DE ZAPATERO

RETRATO DUN PRESIDENTE

TORO SANTOS, XESÚS DE

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2007
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9782-680-8
Páginas:
216
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Este libro tenta ser un retrato, construído pola propia voz de José Luis Rodríguez Zapatero, sobre a traxectoria política do presidente do Goberno. Pero, ademais, é un relato literario onde a principal voz narradora que resoa é tamén a do protagonista, acompañado de persoas que o coñecen e que axudaron a contar esta historia: Juan Rodríguez Zapatero, José Miguel Vidal Zapatero, María Teresa Fernández de la Vega, Rogelio Blanco, José Andrés Torres Mora, Trinidad Jiménez, Julián Lacalle, Antonio Cuevas, Carme Chacón, José Blanco, Pascual Maragall e Emilio Pérez Touriño.

En palabras do autor do libro, Suso de Toro: «Durante a preparación deste libro, vin un político novo que chegou a ser presidente do Goberno logrando manterse reservado sobre a súa vida persoal, que actúa con gran resolución e que aparentemente non lle dá importancia ao que se di e escribe sobre a súa persoa. Un político que comunica coas palabras xustas, á vez que confía en que a linguaxe dos feitos, que para el é natural, sempre será comprendida por todos. Este libro quere deixar á luz de qué madeira está feito José Luis Rodríguez Zapatero».

Artículos relacionados

  • TI
    LERTXUNDI, ÁNJEL
    Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A inseguridade. O medo. Ánjel Lertxundi agasállanos un dos seus textos máis persoais e di...

    3,90 €

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • A IRA DOS MANSOS
    ESTEBAN, MANUEL
    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magní...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €

  • O SEXO MASCULINO DOS ANXOS
    JANEIRO, MANUEL
    Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro. ...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • MORGÚN
    TORO SANTOS, XESÚS DE
    A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: "o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo". Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da L...

    3,90 €

  • CAMILO NOGUEIRA E OUTRAS VOCES
    TORO SANTOS, XESÚS DE
    Este libro é unha longa entrevista con Camilo Nogueira, un dos máis claros intérpretes do nacionalismo político na actualidade. Tamén é a historia da reconstrucción do nacionalismo galego durante o franquismo e un repaso ós retos da nosa sociedade contemporánea.Pero hai algo poliédrico nestas páxinas. Durante os dous anos da súa elaboración, o autor dedicouse a buscar documenta...

    3,90 €