LUME DE COBIZA

2ª Mano

LUME DE COBIZA

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2011
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9865-367-0
Páginas:
284
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Logo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006. Sen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.

Artículos relacionados

  • ADIÓS MARÍA
    TORRES, XOHANA
    María, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha da...

    3,90 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao ...

    3,90 €

  • CAMIÑOS NA AUGA
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    "Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos ig...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €