LAXEIRO

2ª Mano

LAXEIRO

O EU DE XOSÉ OTERO ABELEDO

Mª CELIA AMENEIRO BRAVO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
IR INDO EDICIÓNS
Año de edición:
2008
Materia
Galego
ISBN:
978-84-7680-616-6
Páginas:
68
Encuadernación:
Cartoné

Se Xosé Otero Abeledo é o corpo, Laxeiro é a alma, ou como el mesmo decía o seu eu, a súa esencia, o motor desa máquina que era o seu corpo. O que deixou de ser pseudónimo para converterse en nome, tomouno da sús avoa A Laxeira, coñecida así por ser do lugar da Laxe, aínda que, no seu mundo fabulador e fantástico, o artista contaba que llo dera o Naranxo, un personaxe mítico habitante do Marquesado de Romeá, que o bautizou con tal nome cunha das laxes tan abundantes nas terras do Deza. Desas mesmas laxes tomou Laxeiro o se estilo máis persoal e irrepetible, a chamada estética do granito, coa que continuaba a tradición pétrea dos canteiros medievais barrocos, plasmada nesta ocasión na arte do debuxo e da pintura. Debuxante e pintor, pois no concebía a pintura sen o debuxo, creou un universo propio formado por uns personaxes carnavalescos, mitolóxicos, fantásticos, ás veces incluso deformados, aínda que non esqueceu as representacións de rotundas maternidades e de retratos, nos que a personalidade do retratado parece saír do lenzo ou do papel, sen esquecer os seus autorretratos e os debuxos que realizaba nun mantel, nun anaco de pepel ou donde puidese. A súa vida transcorreu en Lalín e en Vigo, agás os períodos pasados en Madrid e Pontevedra, os seus anos de inmigrante na Habana coa súa familia e os anos pasados en Arxentina, no seu autoexilio artístico, onde se converteu nun activo membro da comunidade galega alí residente.

Artículos relacionados

  • O GRUPO
    ALFAYA, AN
    Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello do...

    3,90 €

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • O CAMIÑO DA ESTADEA
    CARIDE, RAMÓN
    Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento g...

    3,90 €

  • COUSAS. EDICIÓN ESPECIAL OS QUINQUILLÁNS
    CASTELAO, ALFONSO
    Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castealo, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto. ...

    3,90 €

  • ÁS DE BOLBORETA
    ANEIROS, ROSA
    Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas...

    3,90 €

  • TEMPO DE EXILIO
    SARRIONANDIA, JOSEBA
    A primeira antoloxía poética de Joseba Sarrionandia en edición bilingüe galego-éuscaro reflicte a rebeldía do autor e o seu compromiso coa lingua do seu pobo. Tamén pode lerse como unha crónica recente da nación vasca, en clave sentimental, a través da peripecia vital deste poeta, cuxos versos foron musicados por Laboa, Ordorika ou Oskorri. ...

    3,90 €