IRMÁN REI ARTUR

2ª Mano

IRMÁN REI ARTUR

REIGOSA, CARLOS G.

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2001
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-606-9
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.
A primeira, " A tentación de Lanzarote " , presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflito: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.
Se " A tentación de Lanzarote " libera ó meirande cabaleiro da carga da traizón por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, " Amor de Merlín " , libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa dunha rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer vítima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.
Tamén, no último relato, " A morte do rei Artur " propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construíra derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Artículos relacionados

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    TABOADA, CARLOS
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na cla...

    3,90 €

  • A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dific...

    3,90 €

  • O RAPOSO E A MESTRA
    RIVAS, MANUEL
    O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. ...

    3,90 €

  • TRECE ANOS DE BRANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Branca está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distin...

    3,90 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...

    3,90 €

  • A FÁBULA DOS RATOS MENSAXEIROS
    LÓPEZ DOMÍNGUEZ, XAN
    Hai moitas lúas, é dicir, hai moito tempo, os animais comunicábanse entre eles grazas ás Mensaxeiras do Mundo Animal. A súa tarefa consistía única e exclusivamente en levar mensaxes duns animais a outros con rapidez e discreción. A cambio, as mensaxeiras obtiñan certos beneficios, como o de ser intocables para os demais animais, ou o de poder establecer unha tarifa polos seus s...

    3,90 €

Otros libros del autor

  • HOMES DE TRAS DA CORDA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Todos levamos un pequeno paraiso dentro. O paraiso da memoria e da infancia, os antigos soños, as primeiras historias, as vellas paisaxes que seguen dentro de nós e nos acompañan sempre. A Corda é unha serra das terras do norte de Lugo , alén das paisaxes cunqueirianas de Mondoñedo, " serra de andar de vagar, sen présa " , di o autor, " para que os homes, pola meditación da n...

    3,90 €

  • QUERIDO MUNDO
    REIGOSA, CARLOS G.

    3,90 €