HOTEL CIDADE SUR

2ª Mano

HOTEL CIDADE SUR

QUINTIÁ PÉREZ, XERARDO

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA
Año de edición:
2012
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9865-413-4
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación. As oito historias que compoñen Hotel Cidade Sur analizan a realidade de oito personaxes que aboian nun espazo situado entre o rural e o urbano, nos arrabaldes dunha capital de provincia. Historias da mocidade desnortada, do proletariado simbiótico que perde o seu sitio na aldea e tampouco non o encontra na cidade. Personaxes anónimos cunhas vidas baixo mínimos que tratan de comprenderse, de botar luz sobre si mesmos e sobre as circunstancias que os contemplan: un adolescente acabado de chegar á cidade, un músico que acode ao enterro dun dos compoñentes da banda na que tocou cando era novo; un home chamado Romeu que atropela a unha muller chamada Xulieta, un mozo que soña con ser poeta, as derradeiras horas na vida do escritor Raymond Carver? oito "vidas cruzadas", oito historias contadas cunha linguaxe concisa e directa que, ganduxando os fíos da sinxeleza e a transparencia, crean un tecido de sutil e contida emotividade.

Artículos relacionados

  • O ÚLTIMO TRABALLO DO SR. LUNA
    MALLORQUÍ DEL CORRAL, CÉSAR
    Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun ...

    3,90 €

  • COUSAS. EDICIÓN ESPECIAL OS QUINQUILLÁNS
    CASTELAO, ALFONSO
    Unha adaptación para a escena, pensada para públicos novos, dun dos textos clásicos da literatura galega contemporánea. As estampas de Castealo, combinación maxistral de relato e ilustración, serven de base para un espectáculo teatral distinto. ...

    3,90 €

  • O ESPELLO DO MUNDO
    NICOLÁS, RAMÓN
    Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas». Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro. O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela históri...

    3,90 €

  • IMPOSIBLE DE DESATAR
    GARCÍA CAMPOS, IVÁN
    Todas las familias felices se parecen, pero cada familia es desgraciada de distinta forma. Como en un crucigrama, en Imposible de desatar, los lectores poco a poco irán componiendo la historia de una familia de hoy. La de una semana de su vida, desde el desayuno a la noche, para descubrir la verdad que hay tras los gestos mínimos y las medias palabras. Para compartir sentimient...

    3,90 €

  • COMA UNHA ÁNCORA
    COLLAZO LÓPEZ, IRIA
    Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, ...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €