2ª Mano
Todos levamos un pequeno paraiso dentro. O paraiso da memoria e da infancia, os antigos soños, as primeiras historias, as vellas paisaxes que seguen dentro de nós e nos acompañan sempre.
A Corda é unha serra das terras do norte de Lugo , alén das paisaxes cunqueirianas de Mondoñedo, " serra de andar de vagar, sen présa " , di o autor, " para que os homes, pola meditación da natureza, se aveñan e amiguen consigo mesmo e co seu destino " . Paisaxes e historias da montaña de Lugo, da Galicia interior e profunda. Viaxe sentimental á infancia do escritor, que consegue aquí os seus máis altos rexistros literarios, momentos de emoción poética realmente sobranceiros.
" O tesouro de Pedro Xesto " , " O milagre que lle pasou ó Eladio " , " A xustiza da Madriña " , etc, son historias que nacen da experiencia, do vello mundo do relato oral, da antiga memoria que, como dicia o poeta Ri1ke, é a patria do home. Un libro especialmente recomendado para os amigos da nosa literatura.