ESCOLMA DE FAMILIA

2ª Mano

ESCOLMA DE FAMILIA

CEN ANOS DE POESÍA

V.V.A.A

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2000
Sección
Poesia en galego
ISBN:
978-84-8302-504-8
Páginas:
184
Encuadernación:
Otros
3,90 €
IVA incluido
Oferta

Este é un libro peculiar: unha escolma da obra poética da dinastía dos Álvarez. Unha familia que, ao longo dos últimos cen anos, vén desenvolvendo un traballo literario que a converten, na familia literaria de noso por excelencia.

Cando no 1857 Emilio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra non puido sospeitar que, a partir do seu casamento con Amalia Limeses Iglesias, había instaurar unha longa e prolífica descendencia de escritores e, de persoas comprometidas coa entidade e a cultura de Galicia, producíndose un caso inusitado en calquera literatura: que poidamos comprobar, a través da sucesión dos compoñentes dunha mesma familia, a maior parte dos cambios estéticos que se foron producindo ao longo dun século. Como tamén o é o feito de que os distintos movementos vaian sucedéndose na presente escolma sen que, malia tratarse de voces e tempos distintos, deixe de producirse en ningún momento unha certa conexión de coincidencia con respecto a certos temas e actitudes.

Escolma de familia recolle, unha antoloxía da obra poética de tódolos membros desta dinastía desde Emilio Álvarez Giménez (1830- 1911), autor do poemario Humildes; do seu fillo, Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940), autor dos poemarios Margaritas, Versos Morales e Antre dous séculos, a primeira das obras en lingua galega desta dinastía; dos sobriños deste, Emilio Álavrez Blázquez (1919-1988), autor de Poemas de ti e de min, Romance del peón caminero e O tempo desancorado. Poemas para María Blázquez, a Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), seguramente a figura senlleira desta dinastía, autor dunha longa obra poética, fundador de Edicións Monterrei e Edicións Castrelos, que deixou a súa pegada en poemarios hoxe emblemáticos na lírica de noso como Roseira do teu mencer ou Canle segredo. Escolma de familia recolle as achádegas dos membros máis recentes da dinastía: Emilio Álvarez Negreira e dos irmás Álvarez Cáccamo, fillos de Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María, Alfonso e Celso.

Artículos relacionados

  • CANLE SEGREDO
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954. A tensión emocional do poemario de Xosé María Álvarez Blázquez abala, en suxestiva figura de contrastes, entre a afirmación do equilibrio e a creba dolorida e grave. A carón da promesa e engaiolamento do amor, a vivencia da plenitude en tempos de infancia e a dor pola perda do estado paradisíaco, flúe tamén a carra...

    3,90 €

  • DE CATRO A CATRO
    GONZÁLEZ, HELENA / MANUEL ANTONIO
    Manuel Antonio deu ao prelo en 1928 un dos libros capitais da poesía galega. No seu momento supuxo o maior pulo para a renovación da nosa lírica. Escrito durante dúas travesías marítimas do autor nos anos anteriores, o mar é protagonista dun poemario que rompe coas formas e estilos máis tradicionais das nosas letras. De catro a catro, o único libro que publicou en vida, é a obr...

    3,90 €

  • ESCOLMA DE POEMAS
    RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, ELADIO
    A poesía de Eladio Rodríguez González (1864-1949) viuse escurecida pola magnitude do seu labor como autor do Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Para Xesús Alonso Montero, responsable desta edición, a súa obra lírica está impregnada de emoción e dignidade literaria. Alonso Montero fai un achegamento á vida e a obra do autor dos poemas para continuar cunha selección da...

    3,90 €

  • ESCOLMA DE FAMILIA
    V.V.A.A
    Este é un libro peculiar: unha escolma da obra poética da dinastía dos Álvarez. Unha familia que, ao longo dos últimos cen anos, vén desenvolvendo un traballo literario que a converten, na familia literaria de noso por excelencia. Cando no 1857 Emilio Álvarez Giménez chegou a Pontevedra non puido sospeitar que, a partir do seu casamento con Amalia Limeses Iglesias, había instau...

    3,90 €

  • ANTIGA CLARIDADE (PREMIO POESIA MARTIN CODAX 1992)
    RODRIGUEZ BARRIO, XABIER
    Premio de Poesía Martín Códax, 1992. A insistente evocación do recordo, certas máscaras do íntimo e do amor, conforman esa luz reveladora que o poeta, desde o culto aos sentidos e á vida, utiliza como ámbito para a salvación da memoria e da existencia. Trátase dun libro unitario que aportou unha gramática poética orixinal no panorama da poesía galega dos anos noventa. ...

    3,90 €

  • CÓDICE CALIXTINO
    POZO, LUZ
    Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade,...

    3,90 €

Otros libros del autor