DO G AO Z

2ª Mano

DO G AO Z

DICIONARIO INDIGNADO E HUMORISTICO

VEIGA TABOADA, MANUEL

3,90 €
IVA incluido
Oferta
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS
Año de edición:
2012
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-448-1
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica

Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor. Como especifica o seu autor no limiar, «o de «dicionario» é oportuno porque alude, de forma implícita, a textos breves e variados, a un libro que se pode comezar a ler por calquera parte, que se pode pousar e abandonar para volver comezalo noutro momento calquera, incluso un ano ou dous máis tarde, pois non é preciso recordar a trama nin o nome dos personaxes». Galicia, a Guerra Civil, o humor, a humildade, intelectual, Lenin, libraría, Manuel Fraga, misoxinia, O amante de Lady Chaterley, a política, a publicidade, o Quixote, o racismo, ravachol, Santiago, travestí, Vigo, watergate ou Zapatero son algunhas das palabras definidas neste dicionario agudo, divertido, desenfadado e indignado co que Manuel Veiga pon o dedo na chaga da sociedade actual.

Artículos relacionados

  • O CAMIÑO DA ESTADEA
    CARIDE, RAMÓN
    Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento g...

    3,90 €

  • SOIDADE DAS MEDUSAS, A
    COLLAZO LOPEZ, IRIA
    Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha ofi...

    3,90 €

  • NON HAI NOITE TAN LONGA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. E...

    3,90 €

  • A CHAMADA DA SELVA
    LONDON, JACK
    No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro anos de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco, ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da l...

    3,90 €

  • VIDA E OBRA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
    REQUEIXO, ARMANDO
    Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou inédita. Do estudo e edición desta obra encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores. ...

    3,90 €

  • BÁGOA DE LÚA
    GONZÁLEZ, SABELA
    Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar...

    3,90 €